RD-170 é a designación dun tipo de motor foguete utilizado nos dous aceleradores laterais do foguete Energia. Tamén foi coñecido como 11D520.

Características Os motores RD-170 foron deseñados por Glushko e funcionan alimentados por osíxeno líquido e queroseno. Teñen un pulo de 7903,0 kN e usábanse como aceleradores do foguete Energia, en desuso.

Tanto o RD-170 como o seu semellante RD-171 están formados por catro cámaras de combustión, unha turbobomba e dous xeradores de gas. A diferenza principal entre eles é que o RD-170 ten liberdade de movementos nun só plano, mentres que o RD-171 teno en dous. O RD-170 foi deseñado para poder ser reutilizado ata dez veces.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos RD-171 Energia

Categoría:Motores foguete