Gregorio Chillón de la Fuente, nado en Zamora na primeira década do século XX e finado en Santiago de Compostela o 11 de agosto de 1974, foi un político galego.

Traxectoria Viviu un tempo en Bilbao e despois trasladouse a Carballo, onde rexentou un comercio. Foi nomeado alcalde de Carballo o 8 de outubro de 1940. En 1946 foi elixido procurador en Cortes como representante de Municipios da provincia da Coruña, posto no que permaneceu até 1949. Tamén foi deputado provincial (1952-58) e vicepresidente da Deputación da Coruña. Cesou como alcalde de Carballo en xullo de 1967. Finou en Santiago de Compostela o 11 de agosto de 1974.La Voz de Galicia, 13-8-1974, p. 10 Recoñecementos

Medalla de Ouro da Orde de Cisneros.

Encomenda da Orde do Mérito Civil. Notas

Véxase tamén Bibliografía Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. ISBN 84-87987-25-7. Ligazóns externas Alcaldes de Carballo, do franquismo á primeira corporación democrática

Categoría:Alcaldes de Carballo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Zamora

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1974