A fiya del xastre é unha curtametraxe de 2011. Trátase do primeiro filme de ficción rodado en galego de Asturias. Dirixiuno Marisa López Diz empregando lugares do concello de Grandas de Salime.
Sinopse Trátase da historia dunha costureira que agocha nas pezas de roupa que confecciona herbas coas que conxurar a boa sorte e facer realidade os desexos da xente. Nunha ocasión acolle a un rapaz que non tiña onde pasar a noite e faille unha chaqueta cunha desas herbas. Ao día seguinte sábese a nova de que a Garda Civil anda na procura dun fuxido. Despois duns anos, a costureira recibe un día unha carta cunha soa palabra, "grazas".
Personaxes Elsa Pérez García: Filla do xastre Jose Alberto R. Andreolotti: Xastre Rodrigo Pérez González: Veciño do xastre 1, carteiro Lucía Sánchez García-Conde: Veciño do xastre 2 María Luisa Rodríguez Álvarez: Veciño do xastre 3, Balbina Luis M. Suárez: Forasteiro Elena Pérez González: Veciño da tenda Avelino López Ledo: Veciño do barbeiro Marisa López Diz: Narradora
Guión Está baseado no relato homónimo de Marisa López Diz gañador do XVII Premio Xeira (2007) de narracións curtas.
Recoñecementos e premios Premio do público no I Certame de curtametraxes sobre cine rural en Saldaña (Palencia). Premio á mellor curta rodada en Asturias “Ribadedeva en Corto” (2014).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Presentación de A fiya del xastre en Onda Radio Televisión
Categoría:Curtametraxes Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes rodados en España