miniatura|Joan Prim O Pacto de Ostende foi un acordo asinado o 16 de agosto de 1866 na cidade flamenga de Ostende (Bélxica) entre o Partido Progresista e o Partido Demócrata, grupos opositores á raíña Isabel II. O principal inspirador do pacto foi o xeneral Joan Prim, co obxectivo de derrubar a monarquía isabelina. Este pacto, ao que se sumará a Unión Liberal dous anos máis tarde, foi a orixe da chamada "Revolución Gloriosa" que conseguirá acadar o obxectivo de expulsar do trono a Isabel II.

Características do pacto Debido ao incremento do descontento cara ao réxime de Isabel II, pois a raíña favorecía o Partido Moderado de Narváez, e este exercía unha política moi represiva, creouse un comité de acción entre o Partido Progresista de Prim e o Partido Demócrata de Cristino Martos. O comité estivo presidido por Prim, de acordo con Salustiano de Olózaga, co obxectivo de asinar un pacto para o derrocamento de Isabel II.

O'Donnell, a pesar de perder o goberno en xullo de 1866 a mans de Narváez, negouse a que o seu partido, a Unión Liberal, se unira ao pacto. Mais ao morrer, o 5 de novembro de 1867, o seu substituto, o xeneral Serrano, non quixo manter o apoio á raíñaGarcía (2015) e acordou unirse, ao igual que os republicanos de Pi i Margall, co que se arrastrou un gran número de cargos militares, prestos a provocar un novo pronunciamento.

O pacto En agosto de 1866, na cidade flamenga de Ostende máis de corenta dirixentes progresistas e demócratasParedes (1998), p. 244 (Prim, Sagasta, Ruiz Zorrilla, Pi i Margall, Castelar...) xuntáronse para levar a cabo, de inmediato, un movemento revolucionario para acabar coa monarquía de Isabel II e a posterior convocatoria a unhas Cortes constituíntes baseadas no sufraxio universal,Comellas (2014), p. 224 reclamado polos demócratas, que guiarán a futura política española e decidirán o mantemento da monarquía ou o establecemento dunha república.

O pacto, asinado o día 16, constaba de dous puntos:Vilches (2001), p. 71

Destruír o existente nas altas esferas do poder Nomeamento dunha asemblea constituínte, baixo a dirección dun goberno provisorio, a cal decidiría a sorte do país, cuxa soberanía era a lei que representase, sendo elixida por sufraxio universal directo.

O pacto será ratificado o 30 de xuño de 1867 en Bruxelas.Paniagua (1984), p. 9

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Joan Prim Reinado de Isabel II Revolución de 1868

Categoría:1866 Categoría:Reinado de Isabel II