Os zigópteros ou cigópteros (Zygoptera) son unha suborde da orde Odonata, que comprende os cabalos do demo (ver frases e expresións con cabalo). Diferéncianse doutros odonatos porque as súas ás en descanso alíñanse xunto ao abdome, os dous pares de ás son iguais e os ollos están considerablemente separados.
Características Os zigópteros, como o resto de odonatos, son hemimetábolos (metamorfose incompleta) e o seu estadio ninfal é acuático. A femia pon ovos na auga, ás veces na vexetación mergullada, ou no alto en árbores, en cavidades que reciben auga de choiva. As ninfas son carnívoras, comendo larvas de mosquitos, Daphnia, e outros organismos acuáticos.
As branquias das ninfas son grandes e externas, ao final do abdome. Despois dun tempo importante na metamorfose, o adulto emerxe e come moscas, mosquitos, e outros insectos pequenos. Algunhas especies tropicais grandes aliméntanse de arañas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Libélulas Ibéricas: libellulasman. . Artigos, debuxos e fotos de libélulas. American Rubyspot Damselfly Hetaerina americana fotos diagnósticas e información Caballito del diablo Enallagma civile Emerald Spreadwing Damselfly Lestes dryas Stream Bluet Damselfly Enallagma exsulans Northern Bluet Enallagma cyathigerum Blue-Tailed Damsel, Asian specie.
Categoría:Odonatos