As Apocynaceae son unha familia das dicotiledóneas que inclúe árbores, arbustos, herbas, ou lianas. Moitas especies son grandes árbores que se atopan na selva tropical, e a maioría son de procedencia dos trópicos e os subtrópicos. Algunhas son herbas perennes da zona tépeda. Estas plantas teñen saiba leitosa e moitas especies son velenosas se se inxiren.

Taxonomía A familia, no seu sentido actual, está dividida en 366 xéneros aceptadosEndress M.E., Liede-Schumann S. & Meve U., An updated classification for Apocynaceae, Phytotaxa, vol. 159, pp. 175-194, 2014 (dos 585 descritos a familia Asclepiadaceae esta agora incluída na de Apocynaceae.) que inclúen unhas 4500-5500 especies aceptadas

Hai cinco subfamilias: Rauvolfioideae, 79 xéneros; Apocynoideae, 82 xéneros; Periplocoideae, 33 xéneros; Secamonoideae, 8 xéneros; Asclepiadoideae, 164 xéneros.

Distribución miniatura|321x321px|Wrightia antidysenterica. As especies desta familia distribúense primordialmente nas rexións tropicais: Nas selvas e zonas pantanosas da India e Malaisia: Árbores de porte pequeno a moi grande de follas perennes, frecuentemente con raíces de contraforte, tales como Alstonia e Dyera. No Norte de Australia: Árbores de porte pequeno de folla perenne como Cérbera e Ochrosia. Nas selvas de folla caduca de África e a India: Árbores de porte pequeno tales como Carissa, Wrightia e Holarrhena. Na América tropical, India, Myanmar e Malaisia: Árbores de folla perenne e arbustos, tales como Rauwolfia, Tabernaemontana e Acokanthera. En América Central: Plumeria, ou frangipani, cos seus céreas flores de cor branca ou rosáceo e doces fragrancias. En América do Sur, África e Madagascar: Moitas lianas tales como Landolphia. Na rexión Mediterránea: Nerium, coa ben coñecida adelfa, o arbusto (Nerium oleander). Tamén as vincas (Vinca major e Vinca minor). En América do Norte: Apocynum inclúe Apocynum cannabinum, unha fonte tradicional de fibra.

Características As follas son simples, normalmente decusadas, ou verticiladas; carecendo de estípulas. As flores son normalmente espectaculares, simétricamente radiais (actinomorfica), reunidas en inflorescencias cimosas ou racemosas (raramente en fascículos ou solitarias). Son hermafroditas, con (cáliz de 5 lóbulos) ou sen sépalos. As inflorescencias son terminais ou axiales. Os estames están insertos no interior do tubo da corola. O ovario está normalmente situado na parte superior.

A froita é unha drupa, ou baga, unha cápsula ou un folículo.

Fitoquímica As apocináceas teñen as seguintes características fitoquímicas: Presentan na maioría das veces alcaloides carbolínicos e outros alcaloides indólicos. Detectáronse iridoides nalgúns xéneros (Plumeria, Rauwolfia e Allamanda) Tamén presentan proantocianidinas, cianidina e delfinidina. Poden presentar kaempferol e/ou quercetina. Atopouse ácido ursólico. Os azucres son transportados como sacarosa ou como oligosacáridos. A fisioloxía C3 reportouse en Apocynum, Nerium, Pachypodium, Plumeria e Rhazya. O metabolismo CAM foi reportado directamente en Carissa (non-suculenta) e Pachypodium.L. Watson &M. J. Dallwitz: Families of flowering plants

Usos Algunhas plantas desta familia tiveron unha importancia económica no pasado.

Os xéneros Carpodinus, Landolphia, Hancornia, Funtumia e Mascarenhasia foron unha fonte secundaria de caucho.

O mollo leitoso da Namibia Pachypodium foi usado como veleno para impregnar as puntas das frechas.

Os xéneros seguintes son plantas ornamentais: Amsonia (estrela azul), Nerium (adelfa), Vinca (pervinca), Carissa, Allamanda (trompeta dourada), Plumeria (frangipani), Thevetia (noz afortunada), Mandevilla (flor da sabana).

Rauvolfia cafra é a "árbore da Quinina", de Suráfrica. Rauvolfia serpentina ou "raíz de serpe" da India fornece os alcaloides reserpina e rescinamina.

Algúns son fontes de drogas, tales como glicosida, relacionado co funcionamento do corazón: Acokanthera, Apocynum, Cérbera, Nerium, Thevetia e Strophanthus.

O xénero Apocynum usouse como fonte de fibras polos nativos americanos. Sinonimia Asclepiadaceae, Carissaceae, Cerberaceae, Cryptostegiaceae, Cynanchaceae, Ophioxylaceae, Pacouriaceae, Periplocaceae, Plumeriaceae, Stapeliaceae, Vincaceae e Willughbieaceae.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Apocynaceae