Magdalena Aguinaga Alfonso, nada en Pamplona o 15 de outubro de 1953, é unha profesora e investigadora literaria. Residiu e traballou en Galicia e no Canadá.
Traxectoria É doutora en literatura española pola Universidade de Santiago de Compostela desde 1993 cunha tese sobre José María de Pereda e catedrática de lingua castelá e profesora de ensino secundario en diversos institutos de Galicia e Pamplona. Liñas de investigación: autores do realismo español e literatura española do século XX. Publicou arredor de setenta artigos en revistas especializadas e participou en numerosas conferencias nacionais e internacionais.
De 2000 a 2006 traballou no Canadá como asesora técnica do Ministerio de Educación e Ciencia de España na York University de Toronto e como consultora de español no Curriculum Branch do Goberno de Educación de Edmonton (Alberta).
Pertenceu á Sociedad de Literatura Española del siglo XIX, á Sociedad Española de Literatura General y Comparada, á Asociación Internacional de Hispanistas e, na súa etapa no Canadá, á Asociación Canadense de Hispanistas.
Publicacións Entre outras, é autora das seguintes publicacións, todas en lingua castelá: La quimera: orientación hacia el misticismo. Ediciós do Castro. 1993. ISBN 84-7492-652-1.É un ensaio sobre Emilia Pardo Bazán. Costumbrismo y narrativa breve en la obra de José María de Pereda. USC. 1994. ISBN 84-8121-030-7 El discurso narrativo de Pereda. Ediciones Tantín. 1994. ISBN 84-89013-57-8. El costumbrismo de Pereda. innovaciones y técnicas narrativas. Edition Reichneberger 1996. 2ª ed. ISBN 3-930700-81-6.1ª edición: Autoedición 1994. ISBN 84-605-1113-8. Marianela de Benito Pérez Galdós (edición). 2000. Editorial Castalia, Madrid (varias reimpresións). Cuentos gallegos (edición). Deputación de Pontevedra. 2012. ISBN 978-84-8457-397-5. María de Magdala de Ernestina de Champourcin (2ª edición). Aracne Editrice 2015. ISBN 978-88-548-7767-2. "Valera y Galdós: dos concepciones del modo de novelar", 1995, en Congreso Internacional sobre Don Juan Valera."Valera y Galdós en Cervantes Virtual, 2003.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Doña Inés: historia y evolución del mito de Zorrilla" en Hispanista. Revista Electrónica de los Hispanistas de Brasil, 38, 2009. Magdalena Aguinaga: "Literatura hispanoamericana. Martínez Baigorri y Rubén Darío: dos poetas en diálogo" outubro de 2019, en YouTube. Magdalena Aguinaga: "Antología Dios en la poesía actual de Ernestina de Champourcin" outubro de 2018, en YouTube.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Pamplona