A anta de Prado Garrido é un monumento megalítico situado a un quilómetro da capital municipal de Vimianzo. Descrición Trátase do dolmen máis próximo á vila de Vimianzo. Malia o seu pésimo estado de conservación, aprécianse tres esteos da anta, moi desfeita e coas pedras movidas, entre a maleza. Está situada a uns 250 metros sobre o nivel do mar.
Figura no inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia co código GA15092115. A propiedade do terreo é privada en réxime de explotación forestal.
Véxase tamén
Outros artigos Dolmen Megálito Megalitismo en Galicia Lista de megálitos de Galicia
Categoría:Vimianzo Categoría:Dolmens de Galicia Categoría:Vimianzo sen imaxes