José Luis Muñoz León, máis coñecido como Luis Muñoz, nado o 20 de febreiro de 1997 en Málaga, Andalucía, é un futbolista profesional español da canteira do Málaga CF, que xoga como defensa central ou lateral dereito no Córdoba cedido polo club malacitano.

Traxectoria Nado en Málaga, Andalucía, Muñoz comezou a xogar en equipos da súa cidade natal como o 26 de Febrero CD, o CD Puerto Malagueño e o La Mosca UD. En 2010, con trece anos, uniuse ás categorías inferiores do principal club da súa cidade natal, o Málaga Club de Fútbol. En 2015, tras pasar os equipos de canteira chega ao filial malacitano, Atlético Malagueño. O seu debut sénior sería o 20 de setembro de 2015, xogando o partido completo do seu equipo ante o Loja CD no Estadio Medina Lauxa, encontro que finaliza con empate a dous goles. Ao ano seguinte, o 26 de setembro, asino o seu primeiro contrato profesional, o cal o vincula ao Málaga até 2020. O 16 de outubro, anota o seu primeiro gol, anotando de penalti o sexto do seu equipo na vitoria por 7–0 ante o Alhaurín de la Torre CF. Pouco despois debuta co primeiro equipo na Primeira División, saíndo na segunda metada en substitución de Javier Ontiveros no empate 0−0 no Camp Nou ante o FC Barcelona. Tras este encontro, xogaría outros catro partidos máis en primeira, todos disputando os 90 minutos, ante a Real Sociedad, o Real Madrid, o Granada e o Sevilla.

Clubs ClubCategoríaTemporadaPartidosGolesMálaga BTerceira2015−2016200Málaga BTerceira2016−2017305MálagaSegunda2016−201750LugoSegunda2017−2018120

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en soccerway.com

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Málaga Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético Malagueño Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Españois de ascendencia xitana