O aeroporto de Malmö, ata o ano 2007 coñecido como aeroporto de Sturup (IATA: MMX, ICAO: ESMS) é o cuarto aeroporto máis concorrido de Suecia. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 2 218 245 pasaxeiros. Está situado no municipio de Svedala, a uns 28 km ao leste de Malmö e a uns 26 do sueste de Lund.

A través da ponte de Öresund o aeroporto está a uns 55 quilómetros do centro de Copenhague, e a 47 do aeroporto de Copenhague-Kastrup. De feito, toda a cidade de Malmö atópase máis preto por estrada do aeroporto da capital danesa que do seu propio aeroporto, e só o de Copenhague é accesible por tren. O aeroporto de Malmö é pequeno, con voos regulares só a Estocolmo e coa aeroliña de baixo custo Wizz Air a varias cidades do centro e leste de Europa.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros As seguintes aeroliñas operan voos regulares e chárter dende Malmö:

Carga

Notas

Malmö