Mridula Sinha, nada en Chhapra Dharampur Yadu o 27 de novembro de 1942 e finada o 18 de novembro de 2020, foi unha escritora e política india, gobernadora de Goa dende 2014 ata 2019.
Traxectoria Mridula Sinha naceu nunha aldea do distrito de Muzaffarpur na rexión de Mithila en Bihar. O seu pai foi Babu Chhabile Singh e a súa nai Anupa Devi. Frecuentou a escola local en Chhapra e máis tarde estudou nun internado para rapazas no distrito de Lakhisarai"Blood smudge on school of sanskar" The Telegraph, 10 de agosto de 2014. Interesouse dende nova pola literatura hindi e amosou talento para escribir prosa en hindi.
Pouco antes de completar os estudos secundarios, os seus pais arranxarónlle matrimonio con Ram Kripal Sinha entón profesor de facultade en Muzaffarpur. Logo de casar, Mridula continuou os seus estudos e o posgrao en psicoloxía. Ao rematar traballou como profesora en Motihari. Tras rematar o seu marido o doutoramento deixou o traballo para marchar a Muzaffarpur, onde o seu marido estaba a traballar na universidade, e abriu unha escola.
Actividade literaria Escribiu historias curtas baseadas nas tradicións e a cultura do mundo rural que publicou en revistas en lingu hindi. Máis tarde compilounas nunha antoloxía en dous volumes, Bihar ki lok-kathayen. Tamén escribiu varias novelas e unha biografía de rajmata Vijaya Raje Scindia que titulou Ek thi rani aisi bhi que se levou ao cine máis tarde.
Actividade política Inicialmente axudou ao seu home na súa carreira política, que empezara en 1968 como deputado en Bihar. Non obstante en 2014 comezou a súa participación activa en política, como membro da executiva nacional do Bharatiya Janata Party. Durante a campaña das eleccións xerais de 2014 estivo ao cargo do BJP Mahila Morcha (sección feminina). Dende o 25 de agosto de 2014 é a gobernadora de Goa
Notas
Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Escritores en lingua hindi Categoría:Nados en Bihar Categoría:Gobernadores da India Categoría:Escritores da India