En encimoloxía, unha proteína receptora serina/treonina quinase () é un encima que cataliza a reacción química

ATP + [proteína receptora] ADP + [proteína receptora] fosfato

Así, os dous substratos deste encima son o ATP e unha proteína receptora, mentres que os produtos son o ADP e unha proteína receptora fosfato.

Este encima pertence á familia das transferases, concretamente ás que transfiren grupos que conteñen fosfato proteína-serina/treonina quinases. O nome sistemático desta clase de encimas é ATP:[proteína receptora] fosfotransferase. Outros nomes de uso común que se lles dan son receptor de activina quinase, receptor tipo I serina/treonina proteína quinase, receptor tipo II serina/treonina proteína quinase, STK13, TGF-beta quinase e receptor serina/treonina proteína quinase. Este encima participa en 7 vías metabólicas: vía de sinalización da MAPK, interacción citocina-receptor de citocina, vía de sinalización de TGF beta, así como na unión adherente, cancro colorrectal, cancro pancreático e leucemia mieloide crónica.

Estudos estruturais

En 2007, resolvéranse cinco estrcturas de encimas desta clase, que en PDB tiñan os códigos de acceso , , , e .

Notas

Categoría:Proteína quinases