Wild Things é un filme de suspense erótico estadounidense de 1998 dirixido por John McNaughton, e protagonizado por Matt Dillon, Neve Campbell, Kevin Bacon, Denise Richards e Theresa Russell.
En 2004 editouse en DVD unha versión sen cortes, con sete minutos máis. A sona da película veulle por varias escenas de sexo, mais en particular unha que implica un home e dúas mulleres asemade; esas escenas son máis explícitas do habitual en filmes das grandes producións de Hollywood. Realizáronse tres secuelas que saíron directamente en DVD Wild Things 2 (2004), Wild Things: Diamonds in the Rough (2005) e Wild Things: Foursome (2010).
A película recibiu a cualificación R da MPAA por "sexualidade, nudez, linguaxe e violencia forte".
Argumento Kelly Van Ryan, unha rapaza popular, e Suzie Toller, unha marxinada social, acusan a Sam Lombardo, un acreditado conselleiro de orientación escolar de Miami, de violación. Lombardo contrata o avogado Kenneth Bowden para que o defenda. No xuízo, Suzie admite que ela e Kelly acusárono para vingarse de Lombardo: Suzie por un cargo menor por posesión de drogas e Kelly por ter unha aventura coa súa nai. A nai de Kelly queda humillada polo escándalo, e Lombardo e Bowden negocian un acordo de 8.500.000 dólares por difamación. Mais o certo é que, Lombardo e as dúas rapazas acordaran utilizar o xuízo como unha forma de obter diñeiro da rica familia de Kelly. Para celebraren o seu éxito, os tres cómplices deciden ter relacións sexuais.
Elenco miniatura|Denise Richards, unha das protagonistas, nunha imaxe de 1999 Kevin Bacon como o sarxento Ray Duquette Matt Dillon como Sam Lombardo Neve Campbell como Suzie Toller Theresa Russell como Sandra Van Ryan Denise Richards como Kelly Van Ryan Daphne Rubin-Vega como a detective Gloria Perez Carrie Snodgress como Ruby Jeff Perry como Bryce Hunter Robert Wagner como Tom Baxter Bill Murray como Kenneth Bowden
Recepción A película ten unha cualificación do 64% entre os críticos avaliados por Rotten Tomatoes, con respostas variadas pero en xeral positivasWild Things (1998) Rotten Tomatoes.. O filme recibiu unha puntuación de 52/100 en Metacritic, con críticas variadas pero en xeral mornas"Wild Things", Metacritic, 8 de outubro de 2012..
Variety eloxiou o elenco de Dillon, Bacon, Campbell, Richards, Russell, Murray e Snodgress: "É un conxunto que parece gozar o reto de realizar papeis pouco frecuentes e de temas pouco usuais. Non hai unha nota discordante". A revista tamén eloxiou o filme como "orixinal", cunha "brillante e irreal calidade que encaixa moi ben co pulso do drama"."Wild Things" Variety.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John McNaughton Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes ambientados en Florida Categoría:Filmes ambientados en Miami Categoría:Filmes de suspense Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América