miniatura|Entre as técnicas non habituais do filme están varios cameos con personaxes coñecidos para expoñer o problema financeiro. Selena Gomez é unha das personaxes que aparecen, explicando nunha mesa de xogo de Las Vegas en que consiste un produto financeiro, o CDO sintético The Big Short é un filme estadounidense de 2015 do xénero de comedia dramática biográfica dirixida por Adam McKay e escrito por McKay e Charles Randolph, baseado no libro The Big Short: Inside the Doomsday Machine (2010) de Michael Lewis sobre a crise financeira de 2007-2008 , que se desencadeou pola burbulla inmobiliaria dos Estados Unidos. Entre outros actuaron na produción Christian Bale, Steve Carell, Ryan Gosling, Brad Pitt, Melissa Leo e Marisa Tomei.

A película caracterízase polas súas técnicas pouco convencionais para explicar instrumentos financeiros complexos. Entre outros, dispón cameos con Margot Robbie, Anthony Bourdain, Selena Gomez e Richard Thaler que rompen a cuarta parede para explicar conceptos tales como hipotecas de alto risco e obrigacións garatizadas por débeda como unha metareferencia, outros actores diríxense ao público, en especial Gosling, que serve como narrador.

A primeira estrea foi nos Estados Unidos, en versión limitada, nalgúns cinemas escollidos o 11 de decembro de 2015. Paramount Pictures estrou o filme para o resto dos cinemas o 23 de decembro . O filme foi un éxito económico e de crítica, recadando 133.000.000 $ cun orzamento de 50.000.000. Logrou candidaturas a cinco premios da Academia: mellor filme, mellor director, mellor actor secundario, mellor montaxe e mellor guión adaptado, gañando este último.

Argumento miniatura|Marisa Tomei, unha das protagonistas do filme, en 2012 O filme describe diversos actores clave na creación da permuta de incumprimento crediticio no mercado que buscaba apostar en contra da obriga colateralizada por débeda (CDO), e que rematou aproveitando a crise financeira global. A película componse de tres historias separadas que se executan simultaneamente, sen trama ningunha superposta, só conectadas pola colapso do mercado hipotecario. Michael Burry (Christian Bale) é o xestor dun fondo de alto risco, que decide investir moito do diñeiro en apostar a que o sistema imobiliario dos Estados Unidos vai quebrar nun breve prazo. Esa decisión xéralle complicacións cos investidores, ao non apostar contra do sistema ninguén antes e tirar proveito. Ao saber destes investimentos, o corredor Jared Vennett (Ryan Gosling) percibe a oportunidade e ofrécella aos seus clientes. Un deles é Mark Baum (Steve Carell), o dono dunha corredoría que enfronta problemas persoais dende o suicidio do seu irmán. Paralelamente, dous principiantes na Bolsa de Valores pensan que poden gañar moitos cartos ao apostar na crise inmobiliaria e, para tanto, piden axuda a un gurú de Wall Street, Ben Rickert (Brad Pitt), que vive recluso.

Elenco miniatura|Un grupo de actores durante un descanso na rodaxe do filme en Nova York o 22 de maio de 2015 Christian Bale - Michael Burry Steve Carell - Mark Baum Ryan Gosling - Jared Vennett John Magaro - Charlie Geller Finn Wittrock - Jamie Shipley Brad Pitt - Ben Rickert Hamish Linklater - Porter Collins Rafe Spall - Danny Moses Jeremy Strong - Vinny Daniel Marisa Tomei - Cynthia Baum Melissa Leo - Georgia Hale Stanley Wong - Ted Jiang Byron Mann - Wing Chau Tracy Letts - Lawrence Fields Karen Gillan - Evie Max Greenfield Margot Robbie - Ela mesma Selena Gomez - Ela mesma Richard Thaler - Ela mesma Anthony Bourdain - El mesmo

Produción

Desenvolvemento En 2013, Paramount adquiriu os dereitos do libro de non ficción The Big Short: Inside the Doomsday Machine de Michael Lewis para desenvolvelo nun filme, que a produtora de Brad Pitt, Plan B Entertrainment ía producir. O 24 de marzo de 2014 contratouse a Adam McKay para escribir e dirixir a película, sobre a burbulla económica e hipotecaria. o guionista Charles Randolph, escribiu a historia e un dos primeiros cambios foi atopar o ton correcto para a película. Dous anos despois de Randolph escribir o seu proxecto, McKay, como director, reescribiu o guión. Foi de McKay a idea de incluír cameos de famosos no filme para explicar conceptos financeiros.

O elenco O 13 de xaneiro de 2015, Variety anunciou que Brad Pitt, Christian Bale, e Ryan Gosling ían protagonizar o filme, con Pitt producindo a película canda Dede Gardner e Jeremy Kleiner. Plan B Entertrainment ía financialo, e Paramount xestionaría os dereitos de distribución. Pitt xa actuou na adaptación doutro libro de Lewis Moneyball, co que foi candidato aos Óscar. O 14 de xaneiro, anunciouse que Steve Carell tamén actuaría. O 21 de abril de 2015 Deadline deu a coñer a máis membros da repartición, Melissa Leo, Marisa Tomei, Tracy Letts, Hamish Linklater, John Magaro, Byron Mann, Rafe Spall, Jeremy Strong, e Finn Wittrock. Charles Randolph escribiu a versión inicial. Max Greenfield uniuse o elenco da película o 23 de abril de 2015. Karen Gillan chiou sobre a súa implicación na película o 8 de maio de 2015.

Rodaxe A rodaxe principal comezou o 18 de marzo de 2015 en Nova Orleáns (Luisiana). O 20 de maio de 2015 rodouse en Manhattan, Nova York. O 22 de maio, o equipo de produción recreou as oficinas da empresa de investimento Lehman Brothers no ástrago do Departamento de Servizos Financeiros do Estado de Nova York, en Manhattan.

Estrea O 22 de setembro de 2015 Paramount anunciou que o filme coñecería unha estrea limitada o 11 de decembro de 2015, mentres a exhibición xeral comezaría o 23 de decembro de 2015. O filme saíu en DVD e Blu-ray o 15 de marzo de 2016.

Recepción

Recadación The Big Short recadou 70.300.000$ nos Estados Unidos e o Canadá e outros 63.200.000 no resto do mundo, facendo un total de 133.400.000 fronte a un orzamento de produción de 50.000.000.

A estrea foi en oito cines dos Ánxeles, Nova York, San Francisco e Chicago o 11 de decembro de 2015 e recadou 705.527$ (unha media de 88.191 por cine). A mellor posición dunha película de estrea en oito localidades, superando a anterior marca de Memorias dunha gueixa (85.313 por cine) A estrea en todo o país foi o 23 de decembro de 2015 e recadou 2.300.000$ no seu primeiro día e na primeira fin de semana recadou 10.500.000, a 6º mellor recadación.

Crítica En Rotten Tomatoes, a película ten unha taxa de aprobación do 88% baseada en 281 críticas, cunha media de 7.8/10. En Metacritic, a súa puntuación é de 81 sobre 100, baseada en 45 críticas, indicando "recoñecemento universal". En CinemaScore o público consultado deulle ao filme unha nota media de "A–" nunha escala de A+ a F. IGN deulle unha puntuación de 8.6/10, enxalzando a súa "enérxica dirección" e facer "un complicado conto comprensible para o leigo, mesmo cando desencadea indignación nos logreiros que axudaron a causalo". The New York Times afirmou que ofrece a mellor explicación que deu filme á crise financeira global.

Véxase tamén Outros artigos The Wolf of Wall Street Crise económica de 2008-2013

Notas

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Adam McKay Categoría:Filmes producidos por Brad Pitt Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Plan B Entertainment Categoría:Filmes de Regency Enterprises Categoría:Filmes ambientados en Colorado Categoría:Filmes ambientados en Florida Categoría:Filmes ambientados en Miami Categoría:Filmes ambientados en 2005 Categoría:Filmes ambientados en 2006 Categoría:Filmes ambientados en 2007 Categoría:Filmes ambientados en 2008