O Minas Tênis Clube é un equipo profesional de baloncesto brasileiro con sede na cidade de Belo Horizonte, Minas Xerais. Fundado en 1935, xoga no Novo Basquete Brasil, máxima categoría do baloncesto carioca, e onde posúe o récord de temporadas consecutivas, tendo disputada todas as edicións desde 2002. O equipo compite ademais no Campionato Mineiro. É parte da asociación polideportiva Minas, que conta con equipos de deportes como o tenis, futsal, natación ou voleibol.

Historia A sección de baloncesto do Minas foi unha das primeiras en ser organizada e dar bos resultados ao club. Con tradición en baloncesto, o equipo minastenista participa no Campionato Brasileiro desde cando este tiña o nome de Taça Brasil. A primeira disputa no certame ocorreu en 1966 e o Minas ficou co terceiro lugar. O equipo posúe máis temporadas consecutivas na elite do baloncesto brasileiro, tendo disputado todas as edicións do principal campionato nacional da modalidade desde 2002. A nivel estatal, o Minas conquistou o Campionato Mineiro por 19 veces, sendo a última en 2015. En 2007, o Minas conquistou o seu título máis importante en baloncesto: o Campionato Suramericano de Clubs Campións.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Minas Tênis Clube

Categoría:Equipos de baloncesto do Brasil