O Castro de Morgade é un lugar da parroquia de Santa María de Carballedo, no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 8 habitantes (4 homes e 4 mulleres), os mesmos ca en 2016.
Toponimia O topónimo deriva do latín , fortaleza + un nome relativo ao antropónimo .
Patrimonio O castro dá nome ao lugar e nel durante as labras agrícolas levantáronse pedras de muíños e algunha outra pedra labrada parecida a unha cola de cabalo cunha inscrición. Presenta na parte N-NO monte baixo moi mesto e pódese apreciar, aínda que con dificultades un foso de 1m de fondo por 1,5 de ancho, aproximadamente. Existen lendas sobre mouros e unha delas fai referencia á existencia neste lugar dun gran tesouro, gardado por un xigante.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Carballedo
Parroquias de Carballedo
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo
Categoría:Lugares de Carballedo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía