A illa Umboi (, tamén chamada Rooke ou Siassi) é unha illa volcánica situada entre a parte continental de Papúa-Nova Guinea e a illa de Nova Bretaña. Está separada de Nova Bretaña polo estreito Dampier e ten unha altura máxima de 1.548 metros. Umboi é un complexo volcánico do Holoceno sen erupcións en tempos históricos. Un complexo volcánico refírese ao conxunto extenso de centros volcánicos maiores e menores relacionados e asociados con lava e fluxos piroclásticos.
Dise (por parte dalgúns nativos e por algúns investigadores estadounidenses) que é o fogar da «ropen», unha criatura nocturna, tipo de morcego, que se alimenta de peixes.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Nova Bretaña
Categoría:Illas de Papúa-Nova Guinea Categoría:Arquipélago Bismarck Categoría:Illas do Pacífico