A illa King (en lingua nuxalk: Nuxalknalus) é unha illa deshabitada na costa da provincia canadense da Columbia Británica. Está situada ao sur da canle Dean e ao redor de 20 km ao leste de Bella Bella. Outras illas separan a illa King do mar aberto na Enseada da Raíña Carlota.
Etimoloxía No idioma de Nuxalk o nome da illa é Nuxalknalus, "centro do Territorio Nuxalk". O nome de illa King púxollo en 1793 George Vancouver, na honra do Capitán James King, baixo o cal Vancouver servira como gardamariña no Discovery durante a última parte da terceira viaxe de James Cook.
Xeografía A illa King está separada do continente pola canle Dean ao norte, a canle Burke ao sur, e a canle Labouchere ao leste. A canle Fisher, esencialmente unha extensión da canle de Dean, separa a illa King de varias illas ao oeste, incluíndo a illa de Denny e a Illa Hunter. A canle Fisher e a canle Burke únense ao extremo sur da illa King, converténdose no estreito Fitz Hugh.
Ten unha superficie de 808 km², polo que é a sétima illa máis grande da Columbia Británica.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Illa Graham Illa Moresby
Graham Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica