Minnie Spotted-Wolf, nada Heart Butte (Montana) en 1923 e finada en 1988, foi unha militar e mestra estadounidense, a primeira muller nativa americana en alistarse no Corpo de Marines dos Estados Unidos, ingresando na reserva feminina en xullo de 1943.

Traxectoria Spotted-Wolf, era membro do pobo pés negros. Antes de unirse ós marines, traballou no rancho co seu pai en tarefas como cortar madeira de valados, conducir camións e adestrar cabalos.White, Cody (25 July 2013). "Minnie Spotted Wolf and the Marine Corps". Prologue: Pieces of History. National Archives. Coñecida pola súa habilidade en domar bestas, describiu o campamento de marines como "duro pero non tanto"."WWII – First USMC Native American Minnie Spotted Wolf" . Armed Forces History Museum. 29 July 2013.

Serviu nas bases militares de California e Hawai, operadora de cargamento pesado, e como condutora para os oficiais xenerais.

A cobertura da prensa do seu servizo en tempos de guerra incluíu titulares como Minnie, Pride of the Marines, Is Bronc-Busting Indian Queen.Montana Historical Society (26 de agosto de 2014). ""You Have to Take What They Send You Now Days": Montana Women's Service in World War II" . Women's History Matters. Montana Historical Society Segundo a súa filla, "ela podía superar ós rapaces a comezos de 1950."

Despois do seu servizo militar, obtivo unha licenciatura en Educación Primaria, e pasou 29 anos como mestra.

Notas

Véxase tamén Bibliografía "DoDLive Presents: Profiles in Heritage. National Native American Heritage Month: Minnie Spotted Wolf". United States Department of Defense (vídeo). 30 de novembro de 2011. Rae, Callum (29 de decembro de 2015). "Minnie Spotted Wolf". The Female Soldier. Holm, Tom (2007). Code Talkers and Warriors: Native Americans and World War II. Nova York: Chelsea House. pp. 34–35. . OCLC 77270989.

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Pobo pés negros Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en Montana Categoría:Militares dos Estados Unidos de América