Xoana Manuel de Villena, coñecida tamén como Xoana Manuel, nada en 1339 e finada en en Salamanca, Reino de Castela e León, foi unha nobre castelá, que foi señora de Villena, de Escalona e de Peñafiel e, desde o 22 de marzo de 1366, raíña consorte de Castela e León, polo seu matrimonio co infante Henrique de Trastámara, máis tarde Henrique II de Castela.
Era filla do infante Juan Manuel, señor de Villena, e de Branca Núñez de Lara.
Orixes familiares Foi a última filla do nobre, político e escritor Don Juan Manuel e de Blanca Núñez de Lara. Por parte paterna foron seus avós o infante Manuel de Castela e a súa su esposa Beatriz de Savoia. Por parte materna os seus avós foron Fernando de la Cerda e Xoana Núñez de Lara.Nobreza castelá en Medieval Lns .Casa de Ivrea-genealogy .Xoana Manuel en PEDIGREE .
Foi irmá de Fernando Manuel de Villena, duque de Villena e señor de Escalona e de Peñafiel.
Foi bisneta de Fernando III o Santo.
Traxectoria Xa despois de contraer matrimonio con Henrique de Trastámara, futuro rei Henrique II, Xoana Manuel foi señora de Villena, de Escalona e de Peñafiel, e por hernaza da súa nai, tamén señora de Lara e dd Biscaia.
A súa media irmá máis vella, Costanza,Costanza Manuel (ca. 1323–1345) era fillia do segundo matrimonio do pai de Xoana, isto é, filla de Costanza de Aragón (1300 – 1327), filla á súa vez do rei de Aragón Xaime II. foi a primeira raíña consorte de Castela. O 28 de novembro de 1325, en Valladolid, o seu pai casou a Costanza, aínda unha nena, co xove rei de Catela e León Afonso XI, único fillo varón do rei Fernando IV e da raíña Costanza de Portugal. Pouco despois diso, en 1327, foi repudiada, recluída na cidade de Toro, e o seu matrimonio anulado (por non consumarse debido á pouca idade da esposa). Máis tarde (1336) casou co infante herdeiro do Reino de Portugal, Pedro. A voda celebrouse no convento de San Francesco de Évora, por poderes, poque Afonso impedira á noiva deixar a cidade de Toro. Finalmente, tres anos máis tarde, o 24 de agosto de 1339, o matrimonio celebrouse, xa en persoa, na catedral de Lisboa.Reis de Portugal en Medieval Lands . Costanza e Pedro tiveron un fillo que foi rei de Portugal co nome de Fernando I.
O 27 de xullo de 1350, Xoana casou, en segredo, no palacio real de Sevilla, con Henrique de Trastámara, fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela e da súa amante Lionor de Guzmán.
En 1361, á morte da súa xove sobriña Branca, filla única do seu medio irmán Fernando Manuel, que morrera en 1350, Xoana Manuel herdou os señoríos de Villena, Escalona e Peñafiel.
Como descendente directa de Xoana Núñez de Lara, chamada "La Palomilla" (1286-1351), despois da morte da súa prima Isabel de Lara e da súa xove filla Florentina, en 1370, Xoana herdou tamén os señoríos de Lara e de Biscaia.
Henrique, en 1369 converteuse en soberano castelán ao matar ao se medio irmán Pedro I tras a batalla de Montiel.
Xoana Manuel ao quedar viúva en 1379, retirouse á cidade de Salamanca, onde faleceu o día 27 de marzo de 1381.
Sepultura miniatura|300px|Sepulcro da raíña Xoana Manuel de Villena.
Despois da súa defunción, o cadáver da raíña Xoana Manuel recibiu sepultura na Capela dos Reyes Nuevos da catedral de Toledo, na que fora sepultado seu esposo, Henrique II.
Matrimonio e descendencia Henrique II de Castela e Xoana Manuel de Villena tiveron tres fillos:
Xoán (1358-1390), rei de Castela e León (Xoán I á morte do seu pai. Lionor de Trastámara (1362-1415), casou con Carlos III de Navarra. Foi sepultada na Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona. Xoana de Castela (1367-1374), falecida na infancia.
Antepasados de Xoana Manuel
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Don Juan Manuel Henrique II de Castela Lionor de Trastámara Guerras fernandinas
Ligazóns externas Doña Juana Manuel de Castilla, Señora de Villena, Escalona y Peñafiel Xenealoxía e pequena biografía en Genealogics .
Categoría:Raíñas consortes de Castela Categoría:Nobres de España Categoría:Nados en 1339 Categoría:Finados en 1381 Categoría:Século XIV