O 1,3-propanodiol é o composto orgánico coa fórmula CH2(CH2OH)2. Este diol de tres carbonos é un líquido viscoso incoloro que é miscible coa auga.Merck Index, 11th Edition, 9629.

Produtos

Utilízase principalmente como un bloque de construción na produción de polímeros como o politrimetilén tereftalato.

O 1,3-propanodiol pode formularse en varios produtos industriais como compostos, adhesivos, laminados, recubrimentos, moldeados, poliésteres alifáticos e copoliésteres. Tamén é un disolvente e utilízase como anticonxelante e pintura de madeira.

Produción O 1,3-propanodiol pode sintetizarse quimicamente por hidratación da acroleína, ou pola hidroformilación do óxido de etileno para obter 3-hidroxipropionaldehido. O aldehido é hidroxenado para dar 1,3-propanodiol. Ademais, a bioconversion do glicerol a 1,3-propanodiol ocorre en certas bacterias.

Outras dúas rutas implican o bioprocesamento por certos microorganismos: A conversión a partir de xarope de millo efectuada por unha cepa modificada xeneticamente de Escherichia coli pola compañía DuPont Tate & Lyle BioProducts. Estímase que se producían unhas 120 000 toneladas en 2007".Peter Werle, Marcus Morawietz, Stefan Lundmark, Kent Sörensen, Esko Karvinen, Juha Lehtonen "Alcohols, Polyhydric" in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, Wiley-VCH, 2006, Weinheim. Segundo DuPont, o proceso Bio-PDO usa un 40% menos de enerxía que os procesos convencionais. Debido ao éxito de DuPont Tate & Lyle no desenvolvemento dun proceso Bio-PDO renovable, a American Chemical Society premiou os equipos de investigación de Bio-PDO co premio "2007 Heroes of Chemistry". Conversión a partir do glicerol (un subproduto da produción do biodiésel) usando a bacteria Clostridium diolis e Enterobacteriaceae'.

Seguridade

O 1,3-propanodiol non parece supoñer un perigo significativo por inhalación de vapor ou unha mestura de vapor/aerosol.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Etilén glicol Ácido poliláctico Propilén glicol

Ligazóns externas Información de fabriante sobre os usos do 1,3-propanodiol

Categoría:Diois