STS-1 (acrónimo de Space Transportation System 1) foi a primeira misión dun transbordador espacial (o Columbia) da NASA e foi lanzado o 12 de abril de 1981 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral para levar a cabo as primeiras probas coa nova nave.
Características STS-1 foi a única misión na que unha nave que xamais antes voara foi lanzada con tripulación a bordo, asumindo o risco da perda de vidas en caso de que surxira algún problema durante o lanzamento ou o regreso. Os tripulantes, John W. Young e Robert L. Crippen, fixeron probas da nave e os seus sistemas durante o lanzamento, en órbita e durante o regreso. O conxunto de nave e foguetes lanzadores engalou a unha órbita máis elevada do planeado. O transbordador separouse sen problemas do tanque principal aos 10 minutos do lanzamento, converténdose na nave máis pesada en chegar a órbita e na primeira con ás. O voo en total durou 2,26 días (54 horas, 20 minutos e 53 segundos) e o Columbia aterrou na Base Edwards da Forza Aérea, en California, sen incidentes.
A nave levaba a bordo as cargas DFI (Developmental Flight Instrumentation) e ACIP (Aerodynamic Coefficient Identifications Package) para rexistrar parémetros de voo (aceleración, temperaturas, presións...) e estudar o comportamento do orbitador e os foguetes lanzadores. Durante o lanzamento 16 losetas térmicas do escudo contra o calor se perderon e 148 resultaron danadas, pero o escudo estaba deseñado para soportar unha reentrada con certo número de losetas faltantes. Rexistráronse tamén danos menores debido á sobrepresión da saída dos gases dos foguetes aceleradores SRB durante o lanzamento, o que levou a utilizar un sistema de auga para suprimir as ondas de choque dos gases de escape en posteriores lanzamentos. A misión estaba planificada orixinalmente para ser lanzada o 10 de abril, pero foi atrasada por problemas co ordenador de a bordo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia
Categoría:Programa STS