Herbens Consort é un grupo musical galego especializado no repertorio barroco e que utiliza instrumentos orixinais. Orixes Constituíuse no verán de 2013 por iniciativa de Carlos García Amigo, Diego Rojo e Eliseu Mera coa finalidade de participar no festival de música As notas do pemento de Herbón, certame de que se converteu no seu grupo residente. De facto, toma o nome Herbens por ser a forma latina deste lugar padronés, en canto "Consort" fai referencia a un tipo de agrupación de intrumentos por familia característica dos séculos XVI e XVII. A súa vestimenta consiste nun fato negro con gravata verde, en homenaxe ao pemento de Herbón.
Traxectoria Alén de en eventos como As notas do pemento, participou en festivais como Espazos Sonoros, Música no Claustrohttp://www.musicanoclaustro.com/2014/07/concerto-herbens-consort.html ou o Mercado da Estrela. Foi o primeiro grupo de música clásica en dar un concerto no pub compostelán A Casa das Crechas.
As súas interpretacións ao vivo caracterízanse polo seu carácter didáctico e pola procura de interacción co público. O repertorio do Herbens Consort céntrase en autores barrocos como Claudio Monteverdi, Georg Ph. Telemann, Johann Sebastian Bach e Georg Friedrich Händel sen renunciar a creacións de épocas previas.
Membros Os seus membros estábeis son os cantores Indra Sesti, José Antonio Campo (tenor) e Eliseu Mera (barítono) xunto cos instrumentistas Carlos García Amigo (violoncello, viola da gamba e director), Diego Rojo (laúde, arquilaúde e guitarra barroca), Felipe Rodríguez (frauta) e Beatriz Junco (violín). Teñen colaborado tamén outros músicos como Elena Vázquez (violín), María José Pámpano (viola), Alfonso Morán (violone) ou Jesús Rodil (cravo).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web. Canal de Youtube.
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais formados en 2013