Francisca Aguirre Benito, tamén coñecida como Paca Aguirre, nada en Alacant o 27 de outubro de 1930 e finada en Madrid o 13 de abril de 2019, foi unha poeta e narradora española en lingua castelá da denominada "a outra xeración do 50". Foi nomeada Filla Predilecta de Alacant en 2012, Premio Nacional de Poesía no 2011 e Premio Nacional das Letras no 2018.
Traxectoria Foi filla do pintor Lorenzo Aguirre, a quen dedicou o poemario Trescientos escalones, e que fora condenado a morte en 1942, durante o franquismo. Estivo casada co poeta Félix Grande (1937-2014) e foi nai da tamén poeta Guadalupe Grande.
A súa poesía foi traducida ao inglés, francés, italiano, portugués e valenciano. O seu primeiro poemario foi Ítaca, publicado en 1971, co que gañou o Premio de poesía Leopoldo Panero. Desde entón, e coa excepción da década de 1980, a autora continuou publicando a súa obra de maneira ininterrompida, como se pode comprobar na relación da súa obra.
Gañou o Premio Nacional de Poesía en 2011 co seu poemario Historia de una anatomía (2010), libro co que xa gañara o Premio Miguel Hernández en 2010.
Malia que a poeta pertenceu por data de nacemento á xeración do 50 ( á que pertencen, entre outros, Jaime Gil de Biedma e José Ángel Valente (nados en 1929), Francisco Brines (1932) ou Claudio Rodríguez en (1934)) a tardía publicación do seu primeiro poemario supuxo que o seu nome se vira apartado das antoloxías da súa xeración. Como a mesma autora dicía «considero que pertenzo a esa Xeración do 98 paciente, sen présas, que como explicaba Antonio Machado, pensaba que a arte é longa e ademais non importa, porque o único importante é a vida».
No ámbito temático, a poesía de Francisca Aguirre móvese por unha banda como testemuño do mundo no que vive: «De o artista non aceptar un principio de realidade está perdido. Para modificala é necesario que previamente a aceptemos. Ao longo de todos os meus libros eu tentei iso: dar noticia da miña historia». Como a propia poeta declarou, «a poesía é unha ferramenta do coñecemento e serve para sacar o que levamos dentro». Doutra banda, a reflexión, dun marcado carácter existencial, únese umbilicalmente á súa mirada externa para conformar un universo propio, proteico, dual e á vez concentrado nun núcleo no que a poesía é o rastro da vida, o perenne.
Obra Poesía Ítaca (Premio Leopoldo Panero 1971), Cultura Hispánica, Madrid, 1972. Los trescientos escalones (Premio Ciudad de Irún 1976), Caja de Ahorros Provincial de Guipúscoa, Donostia, 1977. La otra música, Ediciones Cultura Hispánica, Madrid, 1978. Ensayo General (Premio Esquío, 1995), Sociedad de Cultura Valle-Inclán, Ferrol, 1996. Pavana del desasosiego (Premio María Isabel Fernández Simal, 1998), Ediciones Torremozas, Madrid, 1999. Ensayo General. Poesía completa 1966-2000”, Calambur, Madrid, 2000. Memoria arrodillada. Antología, Institució Alfons el Magnànim, Valencia, 2002. La herida absurda, Bartleby Editores, Madrid, 2006. Nanas para dormir desperdicios (Premio Alfons el Magnànim), Hiperión, Madrid, 2008. Historia de una anatomía, (Premio Internacional Miguel Hernández, Premio Nacional de Poesía, 2011), Hiperion, Madrid, 2010. Conversaciones con mi animal de compañía, Rilke, Madrid, 2012.
Prosa Espejito, espejito, libro de recuerdos, Universidade Popular José Hierro, San Sebastián de los Reyes, 1995. Que planche Rosa Luxemburgo, relatos, (Premio Galiana, 1994), Germania, Alzira, 2002.
Recoñecementos Premio Leopoldo Panero, 1971 Premio Cidade de Irún, 1976 Premio Galiana, 1994 Premio Esquío, 1995 Premio María Isabel Fernández Simal, 1998 Premio da crítica valenciana ao conxunto da súa obra, 2001 Premio Alfons el Magnànim, 2007 Premio Internacional Miguel Hernández, 2010 Premio Nacional de Poesía, 2011.Nota de prensa de la presidencia del Gobierno. Premio Nacional das Letras Españolas, 2018
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Marina Sáez, R. M. (2002): “El mundo clásico en la poesía de Francisca Aguirre” en Nova et vetera : nuevos horizontes de la Filología latina coordinado por A. Espigares, A. María Aldama, María F. del Barrio, Vol. 2, (Nuevos horizontes de la filología latina), ISBN 84-930825-5-4 , p. 751-759. Crespo Massieu, A. (2007): “La herida absurda. Francisca Aguirre (Alicante, 1930)” en Viento sur: Por una izquierda alternativa, , Nº. 92, p. 117-122. Federici, M. (2014): “L’arte come rifugio e presa di coscienza: un approccio alla poesia di Francisca Aguirre”, in Augusto Guarino (dir.) Le geometrie dell’essere. Identità, identificazione, diversità nella recente letteratura spagnola, Napoli, Pironti, ISBN 978-88-7937-700-3, p. 167-185.
Ligazóns externas Páxina do Cervantes Virtual con poemas e videoteca do poeta Ligazón á páxina da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, onde se fala da poeta e a literatura de finais do século XX] Entrevista Poemas de Francisca Aguirre
Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Alacant Categoría:Poetas de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Premio Nacional de Poesía de España Categoría:Finados en 2019 Categoría:Premio Nacional das Letras Españolas