Oh Sees é unha banda estadounidense de rock formada no ano 1997 en San Francisco. A día de hoxe está composta por John Dwyer (voces, guitarra), Tim Hellman (baixo), Dan Rincon (batería) e Paul Quattrone (batería). O son de Oh Sees incorpora un amplo rango de xéneros do rock, como garage rock, rock psicodélico, punk rock, noise rock, art punk e post-punk.
Inicialmente foi unha vía de escape para Dwyer (Coachwhips, Pink and Brown e The Hospitals) para publicar gravacións caseiras experimentais, pero Oh Sees converteríase nunha banda, contando con Brigid Dawson (voces, teclados), Petey Dammit (baixo, guitarra), Mike Shoun (batería) e Lars Finberg (batería, guitarra). A banda comezou a destacar pola súa prolífica discografía, os seus enerxéticos concertos e a súa caprichosa estética visual. A banda cambiou a súa formación e o seu nome varias veces, sendo coñecida anteriormente como Orinoka Crash Suite, OCS, Orange County Sound, The Ohsees, The Oh Sees, Thee Oh Sees e Oh Sees.
A finais do ano 2013 anunciouse que a banda entraría en hiato. Porén, publicaron un novo álbum de estudio en 2014, Drop, e posteriormente Oh Sees xirou como un trío, con baixista de Sic Alps Tim Hellman e o batería de White Fence Nick Murray substituíndo a Dawson, Dammit! e Shoun. No ano 2015 Dawson regresou á banda listo para gravar o seu seguinte álbum, Mutilator Defeated At Last. Tras o seu lanzamento Dwyer e Hellman comezaron a xirar con dous baterías, Ryan Moutinho e Dan Rincon, substituíndo a Murray. Esta formación gravaría os dous seguintes álbums do grupo, A Weird Exits e An Odd Entrances.
Discografía Como OCS Álbum Ano Selo 1 2003 Tumult 2 2004 Narnack Records Songs About Death & Dying Vol. 3 2005 Narnack Records OCS 4: Get Stoved || 2005 || KimoSciotic Records |- | Memory of a Cut Off Head'' 2017 Castle Face Records Como The Ohsees Álbum Ano Selo ''The Cool Death of Island Raiders 2006 Narnack Records Como The Oh Sees Álbum Ano Selo Sucks Blood 2007 Castle Face Records Como Thee Oh Sees Álbum Ano Selo The Master's Bedroom Is Worth Spending a Night In || 2008 || Tomlab, Castle Face |- | Help || 2009 || In The Red Records |- | Dog Poison || 2009 || Captured Tracks |- | Warm Slime || 2010 || In The Red Records |- | Castlemania || 2011 || In The Red Records |- | Carrion Crawler/The Dream || 2011 || In The Red Records |- | Putrifiers II || 2012 || In The Red Records |- | Floating Coffin || 2013 || Castle Face Records |- | Drop || 2014 || Castle Face Records |- | Mutilator Defeated at Last || 2015 || Castle Face Records |- | A Weird Exits || 2016 || Castle Face Records |- | An Odd Entrances'' 2016 Castle Face Records Como Oh Sees Álbum Ano Selo Orc 2017 Castle Face Records Smote Reverser 2018 Castle Face Records Face Stabber 2019 Castle Face Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Notas
Categoría:Grupos musicais de San Francisco Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais formados en 1997