O aeroporto internacional de São Paulo/Guarulhos-Governador André Franco Montoro , coñecido tamén como aeroporto de São Paulo-Guarulhos ou sinxelamente GRU, é o principal aeroporto internacional que serve a São Paulo. Localmente é popularmente coñecido tamén como aeroporto de Cumbica, polo distrito onde se sitúa e pola base da Forza Aérea do Brasil que aínda existe no seu complexo. Dende o 28 de novembro de 2001 o aeroporto leva o nome de André Franco Montoro (1916–1999), antigo gobernador do estado de São Paulo. No ano 2012 o aeroporto adoptou a súa nova identidade de marca, GRU Airport.
É o aeroporto máis concorrido do Brasil en termos de pasaxeiros, operacións e carga, e o segundo de Latinoamérico en número de pasaxeiros, despois do aeroporto da Cidade de México. Dende o ano 2012 o aeroporto vén sendo operado por un consorcio formado por Invepar S/A, Airports Company South Africa e Infraero.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Notas
São Paulo-Guarulhos