Transmissions from the Satellite Heart é o sexto álbum da banda estadounidense de rock alternativo The Flaming Lips, publicado o 22 de xuño de 1993 a través do selo Warner Bros. Records. O seu cuarto tema, "She Don't Use Jelly", destaca por ter sido o primeiro éxito na radio do grupo, despois de que o seu vídeo aparecese no programa da MTV Beavis and Butt-Head, case un ano despois do lanzamento do disco. "Turn It On" foi un sinxelo que tamén colleitou un éxito moderado e tivo dous vídeos musicais distintos. O álbum marcou a marcha de Jonathan Donahue (a Mercury Rev) e de Nathan Roberts, e o ingreso do guitarrista Ronald Jones e do batería Steven Drozd.
O EP Due to High Expectations... The Flaming Lips Are Providing Needles for Your Balloons publicouse no ano seguinte para promover o álbum e contaba con versións ao vivo de "Chewin the Apple of Your Eye" e "Slow•Nerve•Action". A portada do EP é semellante á de Transmissions from the Satellite Heart.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por The Flaming Lips agás onde se indique.
Notas
Categoría:Álbums de The Flaming Lips Categoría:Álbums musicais de 1993 Categoría:Álbums de Warner Bros. Records