Amelia Varela Bouza, nada en Bañobre (Miño) en 1908 e finada na década de 1980, foi unha política galega.
Traxectoria Irmá de Juan e José Varela Bouza. Durante a II República participou nos actos políticos de esquerda en Miño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida e procesada na causa 318/38 contra o seu curmán Manuel Tenreiro Mosquera e outros. Foi xulgada en consello de guerra en Ferrol o 12 de maio de 1939, acusada de encubridora do delito de rebelión militar e condenada a seis anos e un día de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi sancionada polo Tribunal con 1000 pesetas o 14 de outubro de 1940. Os seus bens foron embargados. Estivo presa no campo de concentración de Saturrarán. Foi posta en liberdade en agosto de 1941. Ao saír da prisión marchou a Madrid, onde traballou de criada. Morreu a finais da década de 1980.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados no século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes