Juan Varela Bouza, nado en Bañobre (Miño) cara a 1912 e finado na década de 1960, foi un político galego.
Traxectoria Irmán de Amelia e José Varela Bouza. Foi acusado de executar o incendio da igrexa de Santa María de Castro o 10 de abril de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríuselle causa por deserción na que se certificaba que desapareceu do seu domicilio nos primeiros días de xullo. O 11 de agosto de 1937 conseguiu fuxir na lancha pesqueira La Golondrina xunto con Ricardo Pérez Medín e outros nove compañeiros e logrou chegar a Francia. Abríuselle causa en Ferrol por rebelión militar (subtracción da motora Golondrina),Requisitoria en BOE, 23-2-1938, p. 5927-5928. e foi declarado fuxido e en rebeldía. As autoridades devolvéronos pola fronteira de Cataluña e chegaron a Barcelona o 17 de setembro. Incorporouse ao exército leal. Coa derrota da República foi detido. Estivo varios anos en prisión. Morreu a principios dos anos sesenta no máis absoluto abandono.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1912 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes