Viaxe ao centro da terra II: A illa misteriosa (en ) é un filme estadounidense de comedia e aventuras dirixido por Brad Peyton e producido poe Beau Flynn, Tripp Vinson e Charlotte Huggins. É a secuela de Journey to the Center of the Earth (2008). Ó igual que o primeiro filme, baséase noutra novela de Jules Verne, desta volta A illa misteriosa. Está protagonizado por Dwayne "The Rock" Johnson, Michael Caine, Josh Hutcherson, Vanessa Hudgens, Luis Guzmán e Kristin Davis. A historia foi escrita por Richard Outten, Brian Gunn e Mark Gunn, e o guión é obra de Brian e Mark Gunn. Foi estreado nos cinemas o 10 de febreiro de 2012 por Warner Bros. Pictures, New Line Cinema e Walden Media con valoracións diversas, mais foi un éxito de recadación en todo o mundo conseguindo arredor de $335 millóns, superando o filme anterior. Journey 2: The Mysterious Island foi lanzado en DVD/Blu-ray o 5 de xuño de 2012.

Estreouse en galego na Televisión de Galicia o 18 de decembro de 2019.

Personaxes Dwayne Johnson como Hank Parsons Josh Hutcherson como Sean Anderson Michael Caine como Alexander Anderson Vanessa Hudgens como Kailani Laguatan Luis Guzmán como Gabato "Gabby" Laguatan Kristin Davis como Elizabeth "Liz" Parsons

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2012 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Brad Peyton Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2012 con versión en galego