A licenza MIT (ou licenza X11 ou MIT X) é unha licenza de software libre permisiva. Esta licenza creárona avogados no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) fundamentándose na licenza BSD e facéndoa máis sinxela. Como o MIT liberou diversas licenzas a Free Software Foundation refírese a esta licenza chamándoa Licenza X11. Dálle ese nome porque é a licenza do xestor gráfico X Window System. Pola contra a Open Source Iniciative non concorda con iso e chámalle Licenza MIT.
Xa que é unha licenza permisiva, ten poucas limitacións sobre do reuso do software e permite que sexa unha ampla compatible con outras licenzas. A licenza sempre inclúe unha declaración sobre do copyright e unha advertencia que indica que o software se distribúe "como está" e que os propietarios non se fan responsables das reclamacións polos erros do emprego dese software. A licenza permite reempregar o código mais mantendo os dereitos de copyright e as notas da licenza. Permite traballos derivados ou modificacións baixo diferentes termos e mesmo sen distribuír o código fonte. Con iso, a licenza MIT permite a reutilización dentro de software privativo, xa que permite as adaptacións a fins comerciais.
A licenza MIT tamén é compatible con moitas licenzas de copyleft, como a GNU General Public License (GPL). Grazas a iso o software con licenza MIT pódese integrar en software GPL, inda que non do outro xeito.
En 2018 a licenza MIT foi a máis popular para proxectos de código aberto, xa que dos 2 millóns de proxectos estudados foi a licenza empregada polo 32%. Algúns exemplos de software que emprega está licenza é o X Window System ou as linguaxes de programación Ruby on Rails e Node.js.
Termos da licenza e variantes A MIT ten varias variantes que se empregan, e de feito a Free Software Foundation se refire á licenza como ambigua por iso. Unha versión común é a denominada "Licenza expat" (expat de "expatriado") e a outra é a "Licenza X11" (ou "Licenza do consorcio MIT/X"). A Licenza X11 é a versión que emprega o xestor de xanelas X11 e que mantén o "consorcio MIT X". A Open Source Initiative publica a versión da "Licenza MIT" tal e como é a "licenza expat".
A forma máis habitual da licenza é a publicada pola OSI, a "Licenza expat". Esta di:
A expat non é idéntica á do código fonte do xestor de xanelas X, que a editou o consorcio que o mantén X11 e que é unha versión intermedia con algunha modificación.. A Licenza X11 di:
Outro caso de variante da licenza é a que emprega ncurses, unha libraría para xestor de interfaces gráficas.
Comparación con outras licenzas A licenza BSD orixinal inclúe unha cláusula que prega que cando haxa promoción do software se lle dea crédito aos autores. Esta cláusula de promoción, e que desaconsellou a UC de Berkeley, incluíuse noutras versións da MIT, como a que emprega a XFree86.
A "Licenza da Universidade Illinois/Licenza de código aberto NCSA" combina texto da licenza MIT e de licenzas BSD. A introdución da licenza e a advertencia recolléronse da licenza MIT.
A "Licenza ISC" contén similitudes coa MIT e as licenzas simplificadas da BSD. A súa maior diferenza é que se omite algunha sentenza que a Convención de Berna considerou como innecesaria.
Acollida Segundo webs de posicionamento e o uso en Github en 2018 a licenza MIT foi a máis empregada das licenzas libres, por diante da GPLv2.
Entre os proxectos máis destacados que a empregan están Ruby on Rails e Node.js, jQuery ou Lua.
Notas
Véxase tamén Outros artigos GNU GPL GNU LGPL Licenza de documentación libre de GNU
Categoría:Licenzas de soporte lóxico