STS-76 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 22 de marzo de 1996 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-76, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir para intercambiar equipamento, levar subministracións e facer experimentos. O Atlantis levaba o módulo Spacehab na súa bodega de carga. A tripulación estaba formada polo comandante Kevin P. Chilton, o piloto Richard A. Searfoss e os especialistas de misión Shannon W. Lucid, Linda M. Godwin, Michael R. Clifford e Ronald M. Sega.
Esta foi a terceira misión na que un transbordador se acoplou coa Mir. Durante ela tivo lugar unha actividade extravehicular de seis horas e trasnferíronse 862 kg de equipamento e subministracións do Atlantis á Mir, incluíndo un xirodino, un transformador, baterías, comida, auga, película e roupa. Tamén se levaron a cabo varios experimentos, como o MEFC para o estudo do campo eléctrico xerado pola estación espacial e experimentos biolóxicos da ESA.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 31 de marzo de 1996.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS