Antonio Pichel Lorenzo, nado en Carballo en 1951,Ficha do persoeiro Blog. 6/5/2017. é un filólogo e tradutor galego.Breve entrada sobre o autor. Blog. 12/7/2016.
Traxectoria
Formación e docencia Cursou estudos de bacharelato no Colexio Leus de Carballo. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica. Doutorouse coa tese Ficción poética e vocabulario feudal na lírica trobadoresca galego-portuguesa.
Exerceu a docencia no ensino secundario e foi catedrático de francés na Coruña até a súa xubilación.
Formou parte do xurado examinador do Diplôme d´études de langue française, a cargo do Centre Français da Coruña, dependente da Universidade da Sorbona. Así mesmo, traballou uns anos como profesor no estranxeiro, en centros educativos como o Lycée Colbert de Thionville (1989), o Lycée Rousseau de Laval (1993), o Collège Maturin Règnier de Chartres (1995), o IUFM da Universidade de Chartres ou o Lycée Les Bourdonnières de Nantes (1998).
Tradución e labor ensaístico No campo da tradución de empresa, colaborou con Axencias de Tradución de diferentes países, con traducións de tipo xurídico, económico, comercial e técnico.
Entre as obras literarias que traduciu do francés ao galego figuran o Diario íntimo de George Sand (Edicións Laiovento), Vermello e negro de Stendhal, Madame Bovary de Gustave Flaubert e 11 álbums da serie de banda deseñada Astérix, como Astérix o galo, Astérix gladiador ou Astérix en Hispania.
Tamén se ocupou de traducir ao galego El Regionalismo de Alfredo Brañas Menéndez, previa adaptación do castelán do século XIX.
Ten varias publicacións sobre Historia, Literatura e Lingua francesa.
Colaborador coas revistas A Mariña e Esculca.
Obras traducidas Ó galego Mañá fará bo día, de Luce Fillol (Editorial Galaxia, 1993) O tío Goriot, de Honoré de Balzac (Editorial Galaxia, 1994) Madame Bovary, de Gustave Flaubert (Editorial Galaxia, 1994) As luces de setembro, de Carlos Ruiz Zafón (Edebé-Rodeira, 1995 e 1997) Diario íntimo, de George Sand (Editorial Laiovento, 1996). Vermello e negro, de Stendhal (Editorial Galaxia, 1996) Astérix o galo, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1996) Astérix gladiador, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1996) Astérix nos Xogos Olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1996) A gran travesía, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1996) Max e Koffi son amigos, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1997) A Max non lle gusta ler, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1997) Alguén segue a Lilí, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1997) Lilí enfádase coa súa amiga, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1997) Lilí quere un gatiño, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1997) Os pais de Max e Lilí discuten, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1997) Astérix en Hispania, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1997) Astérix na terra dos bretóns, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1997) Os loureiros do César, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1997) O fouciño de ouro, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1998) A volta á Galia de Astérix, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1998) O regalo do César, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1998) Astérix na terra dos belgas, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1998) Max é moi torpe, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1998) Morreu o avó, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1998) O último voo, de Jesús Ballaz Zabalza (Everest Galicia, 1998) Max quere facer amigos, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1998) Lilí quere unha paga, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1998) Lilí é desordenada, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1998) Adoptaron a Sara, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1998) As raíces do tamarindo, de Gumersindo Pacheco (Rodeira, 2001)
Ó castelán Inés y la perrita sabia, de Darío Xohán Cabana (Edebé, 2000. Título orixinal Inés e a cadela sabia)
Ensaio, investigación e material docente
En torno ó vocabulario feudal no trobadorismo galego-Portugués (USC, 1986)Ficha en opacmeiga.rbgalicia.org. Ficción poética e vocabulario feudal na lírica trobadoresca galego-portuguesa (Deputación da Coruña, 1987)https://www.gallaecialibros.com/detalle_producto.php?len=2&id=9969 Ficha] da obra. Andaina 3. Literatura galega, B.U.P.-3º, VV. AA. (Bruño, 1989) Prólogo de Viaxe ás Grañas do Sor, de Uxío Carré Alvarellos (Galaxia, 1993)
Vocabulario Temático Ilustrado, VV. AA. (Editorial Galaxia, 1991)Ficha da obra en Galaxia. Literatura Universal Contemporánea'', VV. AA., 4 tomos (Baía Edicións, 2003-2004)Ficha de Aurora Bermúdez Cano na páxina web de Bahía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en WorldCat .
Categoría:Tradutores do francés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Carballo Categoría:Catedráticos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes