TOMS-EP, acrónimo de Total Ozone Mapping Spectrometer - Earth Probe, é un satélite artificial da NASA lanzado nun foguete Pegasus XL desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 2 de xullo de 1996.

Características A misión de TOMS-EP foi continuar as medicións da distribución de ozono e dióxido de xofre na atmosfera terrestre feitas por anteriores satélites, como o Nimbus 7 estadounidense e o Meteor 3 soviético. As medicións continuaron mediante satélites como ADEOS e Meteor 3M. Tiña unha altura de 1,73 m e 3,90 m de envergadura cos paneis solares estendidos, que xeraban unha potencia de ata 275 vatios. O satélite estabilizábase nos tres eixos.

O lanzamento de TOMS-EP estaba programado para 1994, pero o fallo dos dous primeiros Pegasus XL atrasou o lanzamento a 1996, facendoo coincidir con ADEOS, o seu sucesor, que tamén se adicou a facer medicións do ozono. Finalmente púxose TOMS-EP nunha órbita inferior á planeada para non recoller os mesmos datos que ADEOS e de paso facer medicións de maior resolución.

O instrumento TOMS tiña unha masa de 35 kg e consumía 25 W de potencia de media. Facía medicións cunha resolución de 47 km no nadir e 62 km en xeral, recollendo datos en bandas de 2750 km de longo. Era capaz de facer 35 medicións cada 8 segundos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pegasus XL

Categoría:Satélites artificiais