Before Sunrise é un filme estadounidense de 1995 dirixido por Richard Linklater e escrito por Linklater e Kim Krizan. É a primeira entrega da triloxía Before, e conta a historia de Jesse (Ethan Hawke) e Céline (Julie Delpy) que se encontran nun Eurail con destino a Viena, onde pasan a noite xuntos. Gañou o premio á mellor dirección no Festival Internacional de Cinema de Berlín. As súas secuelas son Before Sunset (2004) e Before Midnight (2013).

Sinopse Céline (Julie Delpy) é unha estudante francesa que vén de visitar a súa avoa en Budapest. Jesse (Ethan Hawke) é un mozo estadounidense que realiza unha viaxe a través de Europa despois de ser abandonado pola súa noiva, a quen fora a visitar a Madrid.

Céline e Jesse atópanse nun tren, no traxecto entre Budapest e Viena. Chegados a Viena, Jesse debe baixar e logra convencer a Céline para que pase unha noite con el na capital austríaca. No curso desa noite coñécense a fondo, discuten e revelan cuestións diversas como a vida, a morte, o amor e o sexo. Visitan moitos lugares de Viena mentres conversan, e ao día seguinte deben separarse. Pero no último momento, mentres Céline se apresta a abordar o tren, deciden reencontrarse no mesmo lugar (a estación de Viena), á mesma hora, seis meses máis tarde sen pasarse ningún dato de contacto.

Elenco Ethan Hawke como Jesse Julie Delpy como Céline Andrea Eckert como esposa no tren Hanno Pöschl como marido no tren Karl Bruckschwaiger como mozo na ponte Tex Rubinowitz como mozo na ponte Erni Mangold como muller que le as mans Dominik Castell como poeta na rúa Haymon Maria Buttinger como camareiro no bar Bilge Jeschim como bailarina da danza do ventre Adam Goldberg (sen acreditar) como home durmindo no tren

Premios e candidaturas Oso de Prata do Festival Internacional de Cinema de Berlín ao mellor director. Candidata ao Oso de Ouro do Festival Internacional de Cine de Berlín. Candidata ao mellor bico nos MTV Movie Awards.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Austria Categoría:Filmes dirixidos por Richard Linklater Categoría:Filmes de Castle Rock Entertainment Categoría:Filmes rodados en Austria Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes rodados en Viena Categoría:Filmes ambientados en 1994 Categoría:Filmes ambientados en Viena