O rinoceronte branco do norte (Ceratotherium simum cottoni) é unha das dúas subespecies de rinoceronte branco (sendo a outra o rinoceronte branco do sur). Outrora, era común en diversos países do leste e do centro de África, mais no presente só quedan dous exemplares vivos da subespecie, ámbolos dous femias, o que fai que esta subespecie estea funcionalmente extinta. As dúas femias pertencen ó zoo Dvůr Králové da República Checa pero viven na reserva Ol Pejeta de Kenya e están constantemente protexidas por gardas armados.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Especies en perigo crítico de extinción Categoría:Rinocerontes