Ottilia Ulbricht Protze, nada en Dresden en 1897 e finada en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1975, foi unha falanxista e profesora de alemán de Santiago de Compostela.

Traxectoria Parella de Víctor Muñoz Baijón, chegaron a Galicia ao comezo da ditadura de Primo de Rivera. Instaláronse en Santiago de Compostela cunha academia de idiomas. Cando concluíu os estudos, Víctor Muñoz fíxose cargo da farmacia da rúa Casas Reais. De ambos os dous dicíase que “introduciran o fascismo en Galicia”. Na década de 1930 Víctor fundou a sección da Falanxe Española en Santiago de Compostela con outros camaradas como Fermín Zelada de Andrés Moreno. Partidarios de José Antonio Primo de Rivera, recibírono na súa farmacia das Casas Reais o 16 de marzo de 1935. Alí Primo de Rivera improvisou un mitin ante un centenar de camaradas."Misterios al descubierto, masones en Santiago" , El Correo Gallego, 04/08/2006. Pilar Primo de Rivera visitou Santiago o 5 de febreiro de 1936 para apoiar os nomeamentos de María Laura Colmeiro Laforet como secretaria da Sección Femenina e de Ottilia Ulbricht como tesoureira. Días despois do triunfo da Fronte Popular, varios asaltantes intentaron prender lume á farmacia, e Ottilia púxoos en fuga pistola en man. Despois a parella marchou a Madrid. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detida en Madrid o 10 de agosto acusada de desafección ao réxime. O 6 de novembro o seu home Víctor Muñoz foi encarcerado e asasinado en Madrid. O caso de Ottilia foi sobresido e foi posta en liberdade o 28 de xaneiro de 1937. Ao rematar a guerra presentouse en Santiago de Compostela a muller de Víctor Muñoz, descubríndose que Ottilia só fora a súa amante.

Foi profesora de alemán na Universidade de Santiago de Compostela,Bonet Correa, Antonio (2013): Discurso Doctorado Honoris Causa. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013. no Instituto Arcebispo Xelmírez e no seu propio domicilio. En 1958 era profesora de alemán no instituto de Santiago.BOE nº 265 Finou en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1975 aos 78 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 24-12-1975, p. 46.

Recoñecementos Foi condecorada coa Y vermella de Falange en 1940.El Pueblo Gallego, 15-10-1940, p. 10. En 1965 foille concedido o Lazo de Dama da Orde Civil de Afonso X o Sabio.El Pueblo Gallego, 12-5-1965, p. 16.

Notas

Véxase tamén Bibliografía "El farmacéutico Víctor Muñoz y la alemana Ottilia Ulbricht introdujeron el fascismo en Compostela" in La Voz de Galicia, 26-1-1988, p. 64, 47.

Expte. nº 103 instruido contra Ulbricht Protze, Otilia por el delito/s de Desafección al Régimen.

Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Dresde Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1975