dereita|miniatura|250x250px|Histamenon do emperador Constantino VIII (1025-1028) O histamenon (en grego: νόμισμα ἱστάμενον, nómisma istámenon; "moeda padrón") ou histamenon nomisma, foi a denominación dada á moeda bizantina de ouro co valor dun sólido ou nomisma, a partir da aparición en 960 dunha variedade máis lixeira en peso e lei, denominada tetarteron ou tetarteron nomisma. Para distinguir ambas as variedades do nomisma, o histamenon mudou a súa aparencia orixinal e adoptou unha dimensión máis ancha e máis delgada, así como unha forma cóncava ("scyphate").Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Nomisma histamenon". "Histamenon". En Forum Ancient Coins."Histamenon". En Tipos de monedas bizantinas . www.tesorillo.com

Historia

Nacemento dereita|miniatura|250x250px|Histamenon de Isaac I Comneno (1057-1059), coa súa característica forma cóncava ("scyphate") Desde a súa introdución en 309 da man do emperador Constantino I (306-337), a moeda principal e base do sistema monetario do Imperio Bizantino fora o sólido bizantino (coñecido tamén como nomisma), que mantivera a través dos séculos un peso invariable de 4,55 gramos e unha pureza do metal de 24 quilates.Grierson (1999). Páxinas 3, 9-10.Kazhdan (1991). Páxina 1.924. A situación mudou en tempos de Nicéforo II (963-969), cando se introduciu no sistema unha variedade do nomisma, denominada tetarteron ("un cuarto") que era dous quilates máis pobre que o nomisma orixinario.Hendy (1985). Páxina 507.Grierson (1982). Páxina 196.Kazhdan (1991). Páxinas 936, 2.026.

Inicialmente, ambas as moedas eran dificilmente distinguibles, dada a proximidade do seu peso. Durante o final do reinado de Basilio II (976-1025), o tetarteron empezou a baterse sobre discos máis grosos e máis pequenos, en tanto que o histamenon se volveu máis delgado e máis ancho. Ademais desa clara diferenza visual, en tempos de Constantino VIII (1025-1028) engadíronse tamén variacións na súa iconografía.Hendy (1985). Páxina 508.Grierson (1999). Páxina 10. A mediados do século XI, o tetarteron medía 18 mm de diámetro e tiña un peso estándar de 3,98 gramos, e o histamenon (con 3 quilates máis) tiña un diámetro de 25 mm en diámetro (contra os 20 mm do sólido) e adquirira unha forma lixeiramente cóncava.Kazhdan (1991). Páxinas 2.026-2.027.Hendy (1985). Páxina 10.

Desvalorización e fin dereita|miniatura|250x250px|Histamenon de electro de Aleixo I Comneno (1081-1118), un exemplo da gran desvalorización desta moeda na súa última época Con todo, a partir do reinado de Miguel IV (1034-1041), que anteriormente fora prestamista, o seu contido de ouro empezou para ser cada vez menor e padeceu sucesivas desvalorizacións. Despois dun período de relativa estabilidade entre 1055 e 1070, o contido de ouro diminuíu drasticamente nas décadas de 1070 e de 1080, ata acabar por desaparecer durante os primeiros anos do reinado de Aleixo I Comneno (1081-1118), quen en 1092 fixo unha reforma profunda do sistema monetario bizantino, eliminando tanto o histamenon como o tetarteron (nesa época xa de electro), substituídos ambos por unha nova moeda de ouro: o hyperpyron.Grierson (1999). Páxinas 10-11.Hendy (1985). Páxinas 509-510.Kazhdan (1991). Páxinas 478-1.368.Kazhdan (1991). Páxina 964.Grierson (1999). Páxina 11.

A partir de entón e durante a vixencia do sistema monetario dos Comneno (séculos XII e XIII), o termo histamenon (ou na variante stamenon, στάμενον) pasou a asociarse con calquera moeda de forma cóncava ("scyphate"), tanto de billón como mesmo de cobre, emitida polo Imperio Bizantino.Kazhdan (1991). Páxina 936.Grierson (1999). Páxina 59.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda bizantina Moeda da Antiga Roma Moeda da Antiga Grecia

Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Grierson, Philip. Byzantine Coins. Methuen. Londres, 1982. ISBN 978-0-416-71360-2 Grierson, Philip. Byzantine coinage. Dumbarton Oaks. 1999. ISBN 978-0-88402-274-9 Hendy, M. Studies in the Byzantine Monetary Economy c.300-1450. Cambridge University Press, 1985. ISBN 0-521-24715-2 Hendy, M. The economy, fiscal administration and coinage of Byzantium. Londres, 1989. ISBN 0860782530 Kazhdan, Alexander Petrovich, ed. The Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford University Press, 1991. ISBN 978-0-19-504652-6 Sabatier, Justin. Description générale des monnaies byzantines frappées sous les Empereurs d'Orient. 2 vol. París, 1862

Ligazóns externas

"Histamenon". Catálogo con imaxes e descricións en Coin Archives Moedas bizantinas catalogadas por orde cronolóxica de emperadores Moedas bizantinas catalogadas segundo a o bran de Sear: Byzantine Coins & Their Values Digital Library Numis (bibliografía en liña de numismática bizantina)

Categoría:Moedas do Imperio Bizantino Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas fóra de curso