Danzas Brancas é o cuarto álbum de estudio da orquestra folk galega SonDeSeu. Componse de nove temas e foi publicado no ano 2013. A maioría das cancións son tradicionais e foron arranxadas por Rodrigo Romaní para a orquestra, agás "Insua" (arranxada por Xosé Liz), "O Rillachavos" (arranxada por Xaquín Xesteira), "O Mandil" (arranxada por Quico Comesaña) e "Sil lenzo" (composta por Anxo Pintos).
Tamén contou coa participación do trikitilari vasco Kepa Junkera, que tocou no tema "Rumbas de Marcial e Barciademera".
Listaxe de cancións
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de SonDeSeu
Categoría:Álbums de SonDeSeu Categoría:Álbums musicais de 2013