Octavia Estelle Butler, nada en Pasadena (California) o 22 de xuño de 1947 e finada en Lake Forest Park o 24 de febreiro de 2006, máis coñecida por Octavia Butler, foi unha escritora afroamericana consagrada polos seus libros de ciencia ficción feminista e por inserir a cuestión do prexuízo e do racismo nas súas historias.
Traxectoria Octavia Butler decidiu tornarse escritora ós doce anos ó asistir o filme Devil Girl from Mars e convencéndose de que podería escribir unha historia mellor.Octavia Butler e Kindred Despois de vender algunhas historias para antoloxías, adquiriu notoriedade a partir dos anos 1980, gañando os premios Nébula e Hugo. Mais foi a publicación dos libros Parable of the Sower (1993) e Parable of the Talents (1998) que solidificou a súa fama como escritora. En 2005, foi admitida no Hall Internacional da Fama de Escritores Negros.
Trala súa morte, en 2006, unha bolsa de estudos que leva o seu nome foi creada para incentivar estudantes de cor inscritos nos obradoiros de escrita onde Butler foi alumna e, máis tarde, profesora.
A NASA bautizou o lugar de aterraxe do rover Perseverance en Marte como Octavia E. Butler Landing na súa honra .
Notas
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en Pasadena, California Categoría:Afroamericanos