O NHIndustries NH90 é un helicóptero multipropósito militar de tamaño medio e dous motores. Foi desenvolvido en resposta aos requirimentos da OTAN para un helicóptero de combate que tamén fose capaz de ser operado en contornas navais. O NH90 foi deseñado e está fabricado por NHIndustries, unha compañía colaborativa propiedade de Airbus Helicopters, Leonardo (anteriormente AgustaWestland) e Fokker Aerostructures. O primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea o 18 de decembro de 1995 e o modelo entrou en servizo operacional no ano 2007. En xaneiro de 2017 o NH90 levaba acumuladas 127 000 horas de voo nas forzas armadas de trece países.

O NH90 destaca por ser o primeiro helicóptero de produción en contar con controis de voo totalmente fly-by-wire. Ten dúas variantes principais, a TTH (Helicóptero de Transporte Táctico) para ser usada polo exército, e a naval NFH (Helicóptero de Fragata OTAN); cada cliente elixe ademais realizar distintas alteracións aos seus NH90, como distintas armas, sensores e configuracións de cabina, para axustarse aos seus propios requirimentos.

Exército español O 20 de maio de 2005 o Ministro de Defensa español, presidido por José Bono, anunciou a compra de 45 helicópteros da versión TTH e a opción doutros 45. O proxecto sería reducido a 22 helicópteros por un custo de 1 500 millóns de euros. Os helicópteros para o exército español son fabricados por Airbus Helicopters en Albacete, 16 destes helicópteros serán para o exército de terra e 6 para a Armada Española.

SistemaPaísFabricanteNotas Célula Eurocopter Fabricada pola filial Eurocopter España Motores General Electric CT7-8F5 Ensamblado en España por ITP Radar Thales GroupAviónica GMV Hardware da computadora de voo Indra Sistemas Sistema de Comunicacións Amper Contramedidas EADS Fabricado en España por Indra Sistemas

Países en servizo

País Pedidos Entregados Fabricante   TTH     NFH     TTH     NFH   82 18 52 0 Airbus Helicopters en Alemaña 41 6 41 6 Airbus Helicopters en Australia 4 4 4 4 Airbus Helicopters en Francia 22 - 5 - Airbus Helicopters en España, Albacete 20 - 20 - Airbus Helicopters en Francia 74 27 23 19 Airbus Helicopters en Francia 20 - 11 - Airbus Helicopters en Francia 70 46 36 24 Leonardo en Italia 9 - 9 - Airbus Helicopters en Francia - 14 - 6 AgustaWestland en Italia 20 - 17 - Airbus Helicopters en Francia - 20 - 20 AgustaWestland en Italia 16 12 0 0 Airbus Helicopters en Francia 18 - 18 - Airbus Helicopters en Alemaña e Francia Total 396 147 236 79 543 315

Especificacións técnicas (NH90 TTH) dereita|350px

Tripulación: 2 pilotosCapacidade: Transporte de tropas: 20 soldados Evacuación médica: 12 padiolas Transporte de carga: 2 palés OTAN

Lonxitude: Total: 19,563 m (incluíndo rotores) Fuselaxe: 16,132 m Diámetro do rotor = 16,3 m Peso en baleiro = 6.400 kg Peso útil = 4.200 kg Peso máximo = 10.600 kg

Motores por hélice: 2 Modelo de motor, Rolls-Royce Turbomeca RTM322-01/9 ou General Electric CT7-8F5 Tipo motor turboeixe Potencia 2230 CV Potencia máxima 1.577 kW (2.115 HP; 2.144 CV) Tipo de hélice Rotor principal e rotor de cola ambos de 4 palas

Anchura: 3,633 m, 4,618 m incluíndo estabilizador de cola Dimensións internas: 2 m × 4,8 m × 1,58 m (ancho × largo × alto), volume: 15,2 m³ miniatura|250px|Cabina de vo NH90. Velocidade normal 300 km/h Velocidade cruceiro 260 km/h

Autonomía 982 km Autonomía máxima, 900 km con 2.500 kg de carga Autonomía transbordador 1600 km Autonomía transbordador con tanques de combustible internos auxiliares Teito de servizo 6000 m Réxime de ascenso 11,2 m/s (máximo)

Armamento: Metralladoras 2 x 12,7mm nas portas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Helicóptero multipropósito NH90 Gobierno de España.

Categoría:Helicópteros