O mono narigudo ou narigudo (Nasalis larvatus) é unha especie de primate catarrino da familia Cercopithecidae. É herbívoro e endémico da illa de Borneo, no sueste asiático. É a única especie do xénero Nasalis.

Aliméntase de brotes e follas. Normalmente desprázase rubindo polas árbores, pero tamén é bo nadador, capaz de cruzar profundas canles para conseguir comida ou escapar dalgún perigo.

A perda do seu hábitat natural, así como a caza provocaron que esta especie se atope en perigo de extinción, e só se sabe da existencia de 7000 exemplares.Proboscis Monkey. Earthsendangered.com. Consultado o 10 de febreiro de 2011.

Distribución e hábitat É unha especie territorial, que unicamente se atopa na illa de Borneo. Habitan nos bosques mixtos, mangleiros pantanosos, bosques preto de ríos e selvas tropicais. Evitan as zonas deforestadas e os asentamentos humanos.

Notas

Categoría:Cercopithecidae Categoría:Animais descritos en 1787