Tuf Voyaging é unha obra de ciencia ficción de 1986, recollida posteriormente nunha novela, escrita por George R. R. Martin. A novela é unha colección de relatos curtos, orixinalmente publicados de forma separada ó longo de varios anos. O primeiro relato publicado foi "A Beast for Norn" en 1976. O libro inclúe un prólogo e a liña temporal de S'uthlam (publicada en Analog Science Fiction and Fact), ademais doutro material ponte que permitiu converter as outras historias de Tuf nunha única novela episódica.ISFDB GRR Martin

Conta as aventuras de Haviland Tuf, un comerciante espacial alto, calvo, pálido, con sobrepeso, flegmático, vexetariano e amante dos gatos. Por mor das disputas e as tácticas desapiadadas da tripulación que contrata a súa nave comerciante, Tuf convértese de súpeto no amo da Ark, unha antiga e xigantesca nave espacial cunha poderosa e avanzada tecnoloxía de enxeñaría ecolóxica. Tuf viaxa pola galaxia, ofrecendo os seus servizos a mundos con problemas ambientais, e ás veces, impoñendo pola forza as súas solucións.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1986 Categoría:Obras literarias en inglés