miniatura|240px|Exantema causado por amoxicilina.

Un exantema é a aparición de erupcións cutáneas vermellas nunha rexión específica ou por todo o corpo causadas por infeccións ou efecto colateral de medicinas como a penicilina. As causas máis comúns en nenos son víricas e bacterianas: xarampón, escarlatina, rubéola, estafilococo, eritema infeccioso, roséola, varicela e enterovirus.''Marcela Ferrés Garrido; Enrique Fanta Núñez Exantemas en pediatría consultado o 27 de xuño de 2016

Por definición, exantema é a aparición de eritemas (manchas vermellas), pápulas (elevación da lesión) e ás veces pústulas (supuración con pus) na pel. Este tipo de lesión pode ser única ou múltiple e pode ocorrer só nunha rexión específica do corpo ou espallarse por todo o corpo.

Notas

Categoría:Dermatoloxía Categoría:Síntomas