miniatura|Moeda romana de ouro de dous escrúpulos (scrupula) cuñada en 211 a. de C. Anverso: cabeza de Marte. Reverso: aguia sobre río; ROMA. Peso: ca. 12,5 g.Richi, A. (1883). "Scripulum ou scrupulum". O scrupulum (voz latina, diminutivo de scupus, "pedra afiada"; plural scrupula) ou escrúpulo era unha unidade de medida da antigüidade equivalente á vinte e catroava parte dunha onza e, por extensión, doutras medidas.Vecchi, Italo (2013). "Scrupulum". Páxina 11. Girod (1827). "Scriplum". Páxina 45.

Magnitudes

miniatura|Tres pesas bizantinas dos séculos IV-V d. de C.: 12 escrúpulos (scrupula), unha onza e dúas onzas.Masa. Como unidade de masa: 1/24 dunha uncia ou 1/288 dunha libra (uns 1,1 g).Cicerón, Att., 4, 16, 13; Vitruvio, 7, 8; Columella. De re rustica 12, 28, 1; Prisciano, de Pond.. 8, 13."Unités de poids romaines ". En www.sacra-moneta.com Moeda. Como moeda de conta: 1/24 dunha uncia ou 1/288 dun ás. Na antiga Roma, entre 220 e 209 a. de C., emitíronse moedas de ouro (con anterioridade á aparición do áureo), con pesos desde un a seis escrúpulos."Roman gold coins ". En www.monete-romanae.comRichi, A. (1883). "Scripulum ou scrupulum". Ademais, o scrupulum tomouse como base para a determinación do peso e valor de moi diversas moedas, de tal xeito que, a modo de exemplo, o cuadrigato se correspondía con seis scrupula, o denario con catro, o vitoriato con tres e o sestercio con un."Scripulum". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly. A moeda bizantina denominada hexagrama definíase por equivaler a seis escrupula (gramma era a denominación grega para a palabra latina scrupulum)."Scrupulum". En Algunos tipos de monedas antiguas . www.tesorillo.comGirod (1827). "Gramma". Páxina 23. Superficie. Como medida de superficie agraria: 1/288 dunha xugada ou iugerum (ca. 8,70 m2).Marco Terencio Varrón, Rerum Rusticarum 1, 10, 2; Columella, 5, 1, 8; Plinio, Naturalis historia, II, 7 Tempo. Como medida de tempo: 1/24 parte dunha hora ou 1/288 do día, que os romanos dividían en 12 horas.Marco Aurelio; Frontone, Caes, 2, 9.

Ademais de como "scrupulum", esta unidade pódese atopar nos textos antigos nas súas formas scripulum, scriptulum e scriplus. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Roma Moeda da Antiga Grecia Unidade de medida Metroloxía

Bibliografía

Girod. Dictionaire epécial et classique des monnaies, poids, messures, divisions du temps, chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827. Páxina 45. Richy, Anthony. Dictionnaire des Antiquités romaines et grecques. 3ª ed. 1883.

Vecchi, Italo. Italian Cast Coinage . London Ancient Coins Ltd. 2013. ISBN 978-0-9575784-0-1

Categoría:Unidades de medida históricas Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso