Os meloidos (Meloidae) son unha familia de escaravellos, famosos por producir unha secreción defensiva que contén un axente vesicante chamado cantaridina, que segregan polas articulacións das patas. Coñécense unhas 7 500 especies desta familia en todo o mundo. Na Península Ibérica encóntranse 69 especies de 19 xéneros. En Europa hai un total de 180 especies. Moitas son moi visibles e algunhas están coloreadas aposematicamente, anunciando visualmente a súa toxicidade a posibles depredadores, pero tamén as hai escuras.
Descrición miniatura|esquerda|A abella Colletes hederae portando un triungulino parasito do meloido Stenoria analis Os seus élitros parecen de coiro e son brandos e rodean o abdome. O pronoto adoita ser cilíndrico ou arredondado e máis estreito que a cabeza e a base dos élitros. As antenas son filiformes ou monofiliformes. O corpo é alongado, desde de poucos milímetros a 7 cm de longo, segundo a especie. O ciclo vital dura de 1 a 3 anos, dependendo das condicións. Estes escaravellos son hipermetamórficos, e pasan por varios estadios larvais, o primeiro dos cales é un triungulino móbil. As larvas son insectívoras, principalmente atacan a abellas, aínda que algunhas se alimentan de ovos de saltóns. O estadio final da larva é unha pseudopupa coactata, estado no que pasan o inverno. A larva dos meloidos, aínda que ás veces é considerada parasitoide, en xeral, parece comer o hóspede inmaturo xunto coas súas provisións almacenadas, e pode a miúdo sobrevivir só coas provisións, polo que non é un parasitoide obrigado, senón facultativo, ou simplemente un predador. Os adultos ás veces aliméntanse de flores e follas de plantas de diversas familias.Thought Co. Blister beetles, family Meloidae
Toxicidade A cantaridina, unha substancia química velenosa que causa a formación de vexigas na pel, utilízase medicamente para eliminar verrugas e recóllese para este propósito de especies do xénero Mylabris e Lytta, especialmente de Lytta vesicatoria. O uso da cantaridina non está aprobado nalgúns países, como EUA.
A cantaridina é o principal irritante do remedio de medicina popular chamado "mosca española", que se obtén a partir de escaravellos secos da familia Meloidae.
O xénero máis grande, Epicauta, contén moitas especies tóxicas para os cabalos, como E. vittata. Con tal que o cabalo coma uns poucos destes escaravellos mesturados coa súa alfalfa o resultado pode ser mortal.University of Arizona VDL Blister Beetle Poisoning in Horses En áreas semiáridas do oeste dos Estados Unidos, o uso de certas técnicas modernas de colleita pode contribuír á presenza de cantaridina na forraxe colleitada. A práctica de acondicionar o feo, esmagar os talos para favorecer o seu secado, tamén esmaga os escaravellos que puidesen estar presentes, que non teñen tempo de escapar, e isto causa que se libere a súa cantaridina na forraxe. Os meloidos son atraídos pola alfalfa e malas herbas durante a floración.University of Colorado Extension Blister Beetles in Forage Crops
Sistemática
Subfamilia Eleticinae Tribo Derideini Anthicoxenus Deridea Iselma Iselmeletica
Tribo Morphozonitini Ceriselma Morphozonitis Steniselma
Tribo Eleticini Eletica
Tribo Spasticini Eospasta Protomeloe Spastica Xenospasta
Subfamilia Meloinae miniatura|Epicauta pennsylvanica (Meloinae: Epicautini) miniatura|Cysteodemus armatus no deserto do Mojave. O recubrimento branco é cera cuticular, que pode variar de branco a amarelo nesta especie .
Tribo Cerocomini Anisarthrocera Cerocoma Diaphorocera Rhampholyssa Rhampholyssodes Tribo Epicautini Denierella Epicauta Linsleya Psalydolytta
Tribo Eupomphini Cordylospasta Cysteodemus Eupompha Megetra Phodaga Pleropasta Tegrodera
miniatura|Meloidos como este Lytta vesicatoria (Meloinae: Lyttini) poden ser manipulados con seguridade con tal de que o animal non estea asustado, e pode permitírselles moverse libremente. Nas circunstancias contrarias, poden causar lesións dolorosas. miniatura|Meloe violaceus (Meloinae: Meloini): Nótese a pinga de cor laranxa de fluído defensivo no seu tórax. miniatura|Mylabris quadripunctata (Meloinae: Mylabrini)
Tribo Lyttini Acrolytta Afrolytta Alosimus Berberomeloe Cabalia Dictyolytta Eolydus Epispasta Lagorina Lydomorphus Lydulus Lydus Lytta Lyttolydulus Lyttonyx Megalytta Muzimes Oenas Parameloe Paroenas Physomeloe Prionotolytta Prolytta Pseudosybaris Sybaris Teratolytta Tetraolytta Trichomeloe
Tribo Meloini Cyaneolytta Lyttomeloe Meloe Spastomeloe Spastonyx
Tribo Mylabrini Actenodia miniatura|Unha especie branca e negra de Actenodia Ceroctis Croscherichia Hycleus Lydoceras Mimesthes Mylabris Paractenodia Pseudabris Semenovilia Xanthabris
Tribo Pyrotini Bokermannia Brasiliota Denierota Glaphyrolytta Lyttamorpha Picnoseus Pseudopyrota Pyrota Wagneronota Xéneros incertae sedis Australytta Calydus Gynapteryx Oreomeloe Pseudomeloe
Subfamilia Nemognathinae miniatura|Horia sp. de Bannerghatta (Bangalore) miniatura|Sitaris muralis (Nemognathinae: Sitarini)
Tribo Horiini Cissites Horia Synhoria Tribo Nemognathini Cochliophorus Euzonitis Gnathium Gnathonemula Leptopalpus Megatrachelus Nemognatha Palaestra Palaestrida Pseudozonitis Rhyphonemognatha Stenodera Zonitis Zonitodema Zonitolytta Zonitomorpha Zonitoschema
Tribo Sitarini Allendeselazaria Apalus Ctenopus Glasunovia Nyadatus Sitaris Sitarobrachys Stenoria Xéneros incertae sedis Hornia Onyctenus Sitaromorpha Tricrania
Subfamilia Tetraonycinae Tribo Tetraonycini Meloetyphlus Opiomeloe Tetraonyx
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Blister Beetle Intoxication: Cantharidin Poisoning meloidae.com blister beetles UF / IFAS Featured Creatures striped blister beetle, Epicauta vittata UF / IFAS Featured Creatures Beetle mania as 'extinct' insect found on Scots isle Ever so Strange: Blister Beetles Mylabris Pustulata Orange Blister Beetle found in Farms near Nagpur, Maharashtra, India
Categoría:Cucujiformia Categoría:Animais velenosos