A dos saiguinos é unha tribo de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos, que comprende dúas especies de gacelas de tamaño mediano que habitan nas estepas euro-asiáticas.

Taxonomía Descrición A tribo foi creada en 1945 polo paleontólogo e biólogo teórico estadounidense. George Gaylord Simpson.Simpson, G. G. (1945): "The principles of classification and a classification of mammals". Bull. Amer. Nat. Hist., 85: 1-350.

Xéneros Segundo a clasificación de Simpson a tribo comprende dous xéneros. Tribo saigini Xénero Pantholops Xénero Saiga

Unha taxonomía controvertida Saiga e Pantholops son xéneros de taxonomía problemática.Kuznetsova, Maria V. & Kholodova, Marina V. (2002): "Molecular Support for the Placement of Saiga and Procarpa in Antipopinae (Artiodactyla, Bovidae)". Journal of Mammalian Evolution 9 (4): 271-280. (Ler resume). Saiga clsificouse tradicionalmente como membro da tribo dos saiguinos, dentro da subfamilia dos caprinos,Bannikov, A.; L. Zhirnov; Lebedeva & Fadeev, A (1967): "Biology of the Saiga". Israel Program for Scientifica Translatios, Jerusalem. pero algúns autores suxeriron que o xénero Saiga estaba máis próximo da subfamilia dos antilopinos.Gentry, A. W. (1992): "The subfamiland tribes of the family Bovidae". Mam. Rev. 22: 1-32. No ano 2000 Groves analizou os caracteres morfolóxicos de Procapra, Prodorcas e Saiga, e propuxo tres grupos basais de antilopinos un dos cales incluía un clado Saiga+Procapra.Groves, C. P. (2000): "Phylogenetic relationships within recent Antlopini (Bovidae). In: Elizabeth S. Vrba and George B. Schaller, eds. Antelopes, Deer, and Relatives: Fossil Record, Behavioral Ecology, Systematics, and Conservation. New Haven and London: Yale University Press. ISBN 978-0-3000-8142-8, pp. 223-233.

Ademais de Saiga, a tribo tradicional dos saiguinos, segundo a clasificación de Simpson da subfamilia dos caprinos, contén o xénero Panthalops. Este xénero é monotípico (P. hodgsonii), e inclúese adoito na tribo dos saiguinos sobre a base de trazos morfolóxicos similares, os máis dos cales son plesiomórficos. Porén, achados moleculares e morfolóxicos recentes suxiren que Pantholops hodgsonii debería clasificarse máis correctamente na subfamilia dos caprinos,Gatesy, J., Amato, G., Vrba, E. S., Schaller, G. & DeSalle, R. (1997): "A cladistic analysis of mitochondrial ribosomal DNA from the Bovidae". Mol. Phylogenet. Evol. 7: 303–319. pero a situación da gacela tibetana nesta subfamilia segue a ser incerta.

Os datos sobre o citocromo b e pequenas porcións dos xenes ribosómicos 12S e 16S suxiren afinidades filoxenéticas de Saiga e Procapra cos antilopinos.Gentry, A. W. (1992): "The subfamilies and tribes of the family Bovidae". Mam. Rev. '22: 1–32.Hassanin, A. & Douzery, E. J. P. (1999a): "The tribal radiation of the family Bovidae (Artiodactyla) and the evolution of the mitochondrial cytochrome b gene". Mol. Phylogenet. Evol. 13: 227–243.Hassanin, A. & Douzery, E. J. P. (1999b): "Evolutionary affinities of the enigmatic saola (Pseudoryx nghetinhensis) in the context of the molecular phylogeny of Bovidae". Proc. R. Soc. Lond. B 266: 893–900. Porén, estes estudos non aclaran as relacións estreitas dentro deste clado. Por esta incerteza, algúns autores suxeriron que o taxon Saigini debería abandonarse.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bóvidos Antílopes Antilopinos

Categoría:Antílopes