Rodions Kurucs, nado o 5 de febreiro de 1998 en Cēsis, é un xogador letón de baloncesto profesional que xoga no UCAM Murcia da Liga ACB.

Traxectoria En xullo de 2015, Kurucs asinou un contrato de catro anos co FC Barcelona da Liga ACB.

O 21 de xuño de 2018, Kurucs foi elixido na 40ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Brooklyn Nets. O 16 de xullo de 2018, Kurucs asinou un contrato cos Nets. O 29 de xaneiro de 2019, Kurucs foi seleccionado para xogar o Rising Stars Challenge de 2019 co Team World.

O 14 de xaneiro de 2021, Kurucs foi traspasado ós Houston Rockets nun traspaso entre tres equipos.

O 19 de marzo de 2021, Kurucs foi traspasado xunto a P. J. Tucker ós Milwaukee Bucks, a cambio de D. J. Wilson, D. J. Augustin e varias futuras eleccións do Draft. O 12 de maio de 2021, foi cortado polos Bucks tras participar cinco partidos.

O 7 de xullo de 2021, Kurucs asinou co KK Partizan serbio.

O 23 de agosto de 2022, anunciouse a fichaxe de Kurucs por unha tempada polo Real Betis Baloncesto da Liga ACB.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Letonia Categoría:Xogadores de baloncesto de Letonia Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores do VEF Rīga Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet‎ Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores do Strasbourg IG Categoría:Xogadores do CB Murcia