Neotragus pygmaeus é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos,Neotragus pygmaeus en MSW.Neotragus pygmaeus (Linnaeus, 1758) no ITIS. propio das selvas tropicais húmidas da África occidental.

Características É un antílope diminuto, do tamaño dun coello, o menor de todos os antílopes, de todos os ungulados e de todos os ruminantes do mundo.Kingdon, J.; Happold, D.; Butynski, T.; Hoffmann, M.; Happold, M. and Kalina, J. (2013): Mammals of Africa. Volume VI: Pigs, Hippopotamuses, Chevrotain, Giraffes, Deer and Bovids. London, UK: Bloomsbury. p. 206. ISBN 978-1-4081-2257-0.Ganeri, A. and Gibbs, B. (1990): Nature Facts & Lists (Omnibus ed.). London, UK: Usborne. p. 40. ISBN 978-0-7460-0646-7.Soest, P. J. V. (1994): Nutritional Ecology of the Ruminant (2nd ed.). Ithaca, New York (USA): Cornell University Press. p. 29. ISBN 978-0-8014-2772-5.East, R. (1999): African antelope database 1998. Gland, Switzerland: IUCN Species Survival Commission. pp. 269–70. ISBN 978-2-8317-0477-7.Rafferty, J. P. (2011): Grazers (1st ed.). New York, USA: Britannica Educational Publications. pp. 93–94. ISBN 978-1-6153-0336-6.Kilson, M. (1976): Royal Antelope and Spider: West African Mende Tales. Cambridge, UK: Press of the Langdon Associates. p. 42. ISBN 978-0-9167-0401-8. De corpo delicado e compacto, sen cristas no curuto da cabeza, e lombo arredondado. Só os machos presentan cornos, que son rectos, pequenos e rematados en punta. As orellas son máis ben curtas. O fociño está espido. Os pezuños interiores son estreitos e apuntados. Presenta glándulas preorbitais e nos pezuños, e carece de glándulas inguinais. As ubres das femias teñen catro tetos.

A cabeza e o pescozo son de cor parda escura (agás nos lados da cara e do pescozo, que son de coloración parda amarelada brillante), que se torna máis clara na parte superior do dorso. As patas e os flancos do tronco son máis claros, de cor parda amarelada, que contratan coas parte inferiores do corpo, que son de cor branca pura. Presentan un colar rubio na garganta. A cola é máis ben longa, está moi poboada de pelo, parde escura por riba, agás na parte final, que é branca, o mesmo ca parte interior. Os cornos (só nos machos) son moi pequenos, de 2,5 a 4 cm, pralelos, lisos en toda a súa lonxitude, incinados cara a atrás e rematados en puntas moi finas. As femias son similares aos machos, pero sen cornos.

A lonxitude da cabeza e o tronco oscila entre os 40 e os 50 cm, a cola mide de 3 a 8 cm, e a alzada (altura na cruz) é duns 25 xm. O peso pode variar entre 1,8 e 2,5 kg.

Hábitat e distribución Vive nas selvas tropicais húmidas da África occidental, podéndose encotrar en Costa do Marfil, Ghana, Guinea, Liberia e Serra Leoa.IUCN SSC Antelope Specialist Group (2016): Neotragus pygmaeus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-1. Consultada o 23 de outubro de 2018.

Depredadores Os seus principais depredadores son o leopardo, o ratel, as aguias, a serpe pitón e os varanos.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita por Linneo en 1758 na páxina 69 do volume I da 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo oi nome de Capra pygmaea.

Etimoloxía O nome específico, pygmaeus, é un substantivo do latín científico tirado do grego antigo πυγμαῖος pygmaĩos, 'anano'.pygmy no Online Etymology Dictionary.pygmy en wordcentral.com, tirado do Merriam-Webster's Student Dictionary.

(Para a etimoloxía do xénero, ver o artigo Neotragus).

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie foi recoñecida tamén polos sinónimos seguintes: Capra pygmaea Linnaeus, 1758 Antilope regia Erxleben, 1777 Antilope opinigera Lesson, 1827 Moschus pygmaeus Linnaeus, 1766 Nanotragus perpusillus Gray, 1851

Nomes vulgares Nos diferentes idiomas coñécese como "antílope real", "antílope anano" e "neotrago" (coas adaptacións pertinentes en cada lingua).

A controvertida taxonomía dos neotraguinos

Segundo Eva V. Bärmann, da Universidade de Cambridge, e o seu colega Tim Schikora, do Centro de Investigación da Biodiversidade e o Clima de Frankfurt, a pesar de que as especies de antílopes ananos se reuniron comunmente na tribo dos neotraguinos debido á súa aparencia morfolóxica xeral, as análises filoxenéticas demostraron que non todos están estreitamente relacionados, polo que suxeriron restrinxir o nome de Neotragini ao xénero tipo Neotragus. No seu estudo utilizaron secuencias do citocromo b mitocondrial e medicións lineais do cranio para investigar máis a fondo a similitude das tres especies de Neotragus. Estas análises apoian a estreita relación de N. moschatus e N. batesi. Porén, N. pygmaeus, a especie tipo —que nunca antes se incluíra nas análises filoxenéticas— non está estreitamente relacionada. Segundo estes autores, podería compartir un antepasado común máis recente con outro "antílope anano", o Oreotragus oreotragus, e cos duiqueros do taxon Cephalophini. Polo tanto, suxeriron resucitar o xénero Nesotragus Von Dueben, 1846 para Nesotragus moschatus e N. batesi, e deixando a Neotragus pygmaeus como a única especie do xénero.Eva V. Bärmann and Tim Schikora (2014): "The polyphyly of Neotragus – Results from genetic and morphometric analyses". Mammalian Biology 79 (4): 283-286.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Groves, C. & Grubb, P. (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Groves, C. P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". In: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A. ISBN 84-7634-752-9. Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Bóvidos Antílopes Antilopinos Neotragus

Ligazóns externas Neotragus pygmaeus royal antelope na ADW. Neotragus pygmaeus Royal Antelope na EOL.

Categoría:Antílopes Categoría:Mamíferos de África