O ácido pristánico (ácido 2,6,10,14-tetrametilpentadecanoico) é un ácido terpenoide presente en concentracións micromolares no plasma sanguíneo de individuos sans. Tamén se encontra en lípidos de moitas procedencias como os de esponxas de auga doce, krill, miñocas, baleas, graxas do leite humano, graxas de depósito bovinas, graxas de manteiga ou petróleo de California. Xeralmente está presente en combinación co ácido fitánico. En humanos, o ácido pristánico obtense de dúas fontes: ou diectamente da dieta ou como produto da alfa-oxidación do ácido fitánico. A concentracións fisiolóxicas o ácido pristánico é un ligando natural para o receptor activado polo proliferador do peroxisoma alfa (PPARα). No fígado, o ácido pristánico é degradado pola beta-oxidación peroxisómica a propionil-CoA. Xunto co ácido fitánico, o ácido pristánico acumúlase en varios trastornos herdados como a síndrome de Zellweger.

Os sales e ésteres de ácido pristánico denomínanse pristanatos.

O ácido pristánico foi illado primeiramente das graxas do leite por R. P. Hansen e J. D. Morrison en 1964.R. P. Hansen, J. D. Morrison, The isolation and identification of 2,6,10,14-tetramethylpentadecanoic acid from butterfat, Biochemical Journal 1964 Nov;93(2):225-8. O nome da substancia deriva de pristano (2,6,10,14-tetrametilpentadecano), o hidrocarburo correspondente. O pristano foi illado do fígado do tiburón e foi nomeado a partir do latín pristis, 'tiburón'.

Notas

Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Terpenos